Inicio Galicia 700 escolares ourensáns celebran con 'Cholo e Nela' a vixésimo primeira Convivencia...

700 escolares ourensáns celebran con 'Cholo e Nela' a vixésimo primeira Convivencia de Educación Infantil

0


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, achegáronse esta mañá á XXI Convivencia de Educación Infantil, na que participaron máis de 20 centros educativos das comarcas de Valdeorras e Terras de Trives. Baixo o título Cholo e Nela polo medio desenvolveuse no CEIP de Manzaneda esta edición arredor da temática do respecto e coidado do medio natural, na que se deron cita preto de 700 nenos e nenas de educación infantil (3-5 anos) e uns 400 adultos entre pais e nais, mestres e colaboradores. Esta xornada lúdica naceu hai 21 anos organizada por un grupo de docentes coa intención de mellorar e dinamizar as relacións da comunidade educativa, tratando temas transversais e fundamentais para o desenvolvemento educativo como é o da dinamización da lingua galega nestas idades. Obradoiros, xogos, concertos, e actividades coas forzas de seguridade e salvamento son algunhas das actividades programadas para esta xornada.

Leer más:  SOS Sanidade Pública pide "responsabilidades políticas" y la reversión de la concesión del Cunqueiro al ámbito público

- Te recomendamos -