Inicio Galicia Almuiña informa no Parlamento das novidades e avances producidos para a construción...

Almuiña informa no Parlamento das novidades e avances producidos para a construción do Hospital Gran Montecelo

0

O conselleiro de Sanidade dixo que está previsto que o vindeiro ano se licite a obra e comece a súa execución

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018.- O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, informou hoxe, no Pleno do Parlamento de Galicia, das novidades e avances producidos nos últimos meses para a construción do Hospital Gran Montecelo de Pontevedra. O responsable da carteira sanitaria do Executivo galego dixo que, co Gran Montecelo, os pontevedreses disporán dun hospital público máis amplo, máis humano e con capacidade para atender as necesidades asistenciais dos vindeiros 50 anos.

Este hospital, modelado polos seus profesionais, con achegas de 300 traballadores en 120 reunións de traballo e cunhas 2.400 enquisas, contará con espazos máis acolledores en áreas máis sensibles, como a diálise, o hospital de día de oncoloxía, coidados paliativos ou a zona materno-infantil.

Almuiña dixo que está previsto que, o vindeiro ano, se licite a obra e comece a súa execución, sendo o investimento para o novo edificio superior aos 100 millóns de euros.

Leer más:  Ourense da un paso pionero en la humanización hospitalaria al permitir la visita de animales de compañía a los pacientes

Entre as melloras desta infraestrutura, o conselleiro remarcou que disporá de 120 camas máis, e terá un 92% máis de salas e postos de urxencias que faciliten o traballo e respecten a intimidade do paciente. Así mesmo, un 57% dos cuartos serán individuais, e contará cun 49% máis de postos no hospital de día, que pasan de 109 a 162.

Na área de pediatría, os nenos terán salas de xogos, biblioteca, escola ou cine. A carteira de servizos experimentará un impulso importante cunha nova UCI pediátrica; unha nova unidade de traballo, parto e recuperación do bloque obstétrico; unha nova área de medicina nuclear, así como a creación dun espazo único para as unidades de endoscopia multidisciplinar e diagnóstico biolóxico, entre outras melloras.

Para facer realidade todas estas melloras, o Hospital Gran Montecelo aumentará un 50% a súa superficie, pasando de 79.500 a 118.000 metros cadrados. 


- Te recomendamos -