Inicio Galicia O Sergas avanza na elaboración dunha Estratexia asistencial de coidados paliativos

O Sergas avanza na elaboración dunha Estratexia asistencial de coidados paliativos

0

Nela estableceranse as principais liñas de actuación para as persoas con necesidades de atención paliativa

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018.- O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, explicou hoxe no Parlamento que desde Sanidade “estase a traballar a favor da atención paliativa dos galegos e as galegas que o necesiten” coa a elaboración, nos vindeiros meses, da Estratexia asistencial de coidados paliativos e dentro do desenvolvemento do Plan galego de coidados paliativos.

Segundo informou Almuiña, en Galicia “existe unha extensa rede de recursos específicos para a atención paliativa en todos os hospitais do Servizo Galego de Saúde, que comprenden tanto as unidades de coidados paliativos como as unidades de hospitalización a domicilio”. O conselleiro dixo que todos os pacientes que precisan de coidados paliativos son atendidos en función das súas necesidades, ben cos recursos convencionais de Atención Primaria ou de Atención Hospitalaria.

A día de hoxe hai sete unidades de coidados paliativos nos hospitais de maior tamaño. Ademais no Hospital do Salnés abriuse unha unidade integrada na unidade de hospitalización. En canto ao cumprimento da Lei 5/2015 de xuño, de dereitos e garantías das persoas enfermas terminais, Jesús Vázquez Almuiña remarcou que o Servizo Galego de Saúde está traballando para cumprir con todos e cada un dos dereitos que se recollen en dita lei. Na actualidade, das 100 habitacións destinadas a coidados paliativos, 88 son individuais.

Leer más:  Este sábado comienza febrero con condiciones climáticas estables en la Península, nieve en los Pirineos y lluvia en Baleares

Por outra banda, Almuiña informou de que o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade encargou á Consellería de Sanidade por medio da Unidade de asesoramento científico-técnico (avalia-t), a actualización da guía de práctica clínica de coidados paliativos, que será referencia para a atención paliativa en toda España.

Na actualidade, Galicia conta con 43 unidades de hospitalización a domicilio e 401 unidades de atención primaria que atenden a estes pacientes. As unidades hospitalarias de coidados paliativos e hospitalización a domicilio dos centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde, contan con 59 médicos e 135 profesionais de enfermería para atender ás persoas con necesidades paliativas. 


- Te recomendamos -