Afirma que, nese camiño, sempre contarán co compromiso da Xunta: mantendo as taxas universitarias máis baixas de España e reforzando a aposta pola investigación, pola innovación e polo emprendemento
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe a importancia da formación para poder pensar en liberdade e animou á mocidade a seguir facendo de Galicia unha sociedade máis aberta.
Durante a celebración do acto académico de imposición de becas 2017-2018 da Residencia Militar de Estudantes Teniente General Barroso, Feijóo pediu aos mozos que nunca deixen de aprender e que manteñan sempre a ambición e interese por saber, co obxectivo de aproveitar todas as oportunidades que se presenten ao longo da vida.
Nese camiño, afirmou que sempre contarán co compromiso da Xunta: mantendo as taxas universitarias máis baixas de España; reforzando a aposta pola investigación, pola innovación e polo emprendemento e estreitando os lazos entre a Universidade e o resto da sociedade.
- Te recomendamos -