Inicio Galicia A Xunta lembra que a prevención garante maior seguridade e unha capacidade...

A Xunta lembra que a prevención garante maior seguridade e unha capacidade de resposta máis adecuada, eficiente e eficaz

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor participou na clausura das Xornadas “Previsel 2018”, que como indicou constitúen un referente para o intercambio de experiencias e coñecementos en materia de prevención e formación

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor fixo especial fincapé que a prevención é o medio para garantir a seguridade dos cidadáns e responder de modo adecuado, eficiente e eficaz, en caso de riscos colectivos.

Luis Menor participou na clausura das Xornadas “Previsel 2018” que, como indicou constitúen un referente para o intercambio de experiencias e coñecementos en materia de prevención e formación. Ademais da presentación de produtos e servizos nas casetas, os talleres, conferencias e demostracións, proporcionan unha visión global da xestión e prevención dos riscos laborais.

A Axencia Galega de Emerxencias, AXEGA, desprazou ata a feira o seu Posto de Mando Avanzado, unha Unidade móbil que conta coa máis moderna tecnoloxía e cun completo software de comunicacións, preparada para intervir en caso de accidente ou catástrofe.

O director xeral indicou que moitas das políticas desenvolvidas polas Administracións Públicas, dado que poden afectar ou condicionar a seguridade das persoas ou os bens, teñen obxectivos preventivos. A planificación, incluídos os plans de autoproteción, a formación do persoal pertencente ao sistema de protección civil e o fomento da autoprotección e primeiros auxilios na escola, son instrumentos de prevención de carácter horizontal que o goberno galego promove e fomenta.

Neste sentido, acometeuse un traballo de revisión dos plans de protección civil autonómicos, por exemplo os redactados para o risco de inundacións, o risco sísmico e o risco no transporte de mercadorías perigosas, entre outros, poñéndoos a proba mediante os simulacros periódicos, e fomentouse a elaboración dos plans de emerxencia de carácter local, ben a través de axudas económicas para a asistencia técnica na súa elaboración, ben a través das guías de planificación que están a disposición dos técnicos municipais como orientación para facilitar ás corporacións locais a elaboración dos plans de emerxencia do seu ámbito. 


- Te recomendamos -