Inicio Galicia A Xunta incrementa nun 50 por cento as axudas para as asociacións...

A Xunta incrementa nun 50 por cento as axudas para as asociacións de veciños, asociacións de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas de Galicia para obras e equipamentos

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, explicou hoxe en rolda de prensa a Orde de axudas onde afirmou que contribúen a fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal e mellorar a calidade da vida local


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias ,compareceu hoxe en rolda de prensa onde explicou a vindeira convocatoria das axudas para o ano 2019, dentro do Plan Específico de acción comunitaria destinada a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia; comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais por importe de 1,5 millóns de euros, o que representa un incremento no orzamento dun 50% con respecto á convocatoria deste ano, que sairá publicada proximamente no Diario Oficial de Galicia.

Marta Fernández-Tapias indicou que esta liña de subvención iniciouse no ano 2016, e a día de hoxe está plenamente consolidada nos orzamentos anuais da Dirección Xeral de Administración Local. Nos exercicios 2016, 2017 e 2018, ao abeiro desta orde de subvencións outorgáronse 626 axudas, e a cantidade total destinada a este fin foi de 6.400.000 euros.

O obxectivo das axudas son mellorar a prestación dos servizos de interese veciñal análogos aos servizos básicos municipais na lexislación básica de réxime local, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, contribuíndo a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza e a dinamizar tamén o asociacionismo veciñal.

Por parte das asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais poden solicitar axudas destinadas ao acondicionamento e mellora dos locais sociais e compra de novos equipamentos, o que lles permite manter a actividade que desenvolven, así coma a prestación de novos servizos e organización de actividades. Poden tamén solicitar axudas para melloras e reparacións de camiños veciñais. As comunidades de usuarios de augas poden solicitar axudas para a execución de obras de reparación de traídas veciñais de auga.

As axudas económicas que se conceden poden acadar a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras e de 5.000 euros para dotación de equipamentos. Compre destacar que esta orde, para facilitar a execución das obras subvencionadas a estas entidades, prevé a realización de pagamentos anticipado do 100% da contía da subvención concedida.


- Te recomendamos -