Inicio Galicia A Xunta apoia a actividade da organización de produtores pesqueiros do Porto...

A Xunta apoia a actividade da organización de produtores pesqueiros do Porto de Celeiro cunha achega de 619.000 euros

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, reuniuse con directivos da OPP-77 ao obxecto de avaliar as liñas de colaboración en marcha


A Consellería do Mar vén de conceder unha achega que supera os 619.000 euros para apoiar a actividade que desenvolve a organización de produtores pesqueiros OPP-77 Porto de Celeiro. Así o explicou esta tarde, en rolda de prensa, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do xefe territorial da Consellería do Mar, Pablo Fernández, e dos representantes desta organización de produtores, José Novo, Eduardo Miguez e Jesús Lourido.

A Administración autonómica mantén distintas liñas de colaboración co sector pesqueiro da Mariña lucense e, en particular, con este colectivo, que agrupa aos produtores vinculados á organización empresarial e pesqueira con sede en Celeiro.

As achegas da Xunta distribúense en dous conceptos: 400.000 euros destinados aos gastos de constitución e funcionamento da entidade e 219.000 euros adicionais para desenvolver o plan de produción e comercialización. Todas estas axudas enmárcanse no Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).“O compromiso da Administración autonómica coas organizacións de produtores é palpable pois desempeñan un papel fundamental, ao servizo da pesca e da alimentación, e tamén como motores da innovación e impulsores da cadea mar-industria”, dixo Balseiro.

Leer más:  Un anciano de ochenta años fallece en Vilardevós (Ourense) después de que su tractor volcara

Entre as accións máis destacadas dentro da posta en valor dos produtos pesqueiros que comercializa Porto de Celeiro e que son capturados pola súa flota, ten especial relevancia a promoción da pescada do pincho, de extraordinaria calidade e recoñecemento entre os consumidores. Así, por exemplo, o seu traballo foi clave para obter a certificación da ONG Friends of the Sea que ampara estas valiosas capturas ou o selo Galicia Calidade.“Traballos como os da OPP-77 e outras organizacións análogas como a que opera desde Burela permite afirmar con rotundidade que o sector pesqueiro lucense, e o galego por extensión, faena nas augas da innovación e da competitividade, liderando en moitos aspectos os esforzos que nestes mesmos ámbitos se están a facer no sector pesqueiro galego”, resaltou Balseiro.

A Xunta formaliza estes apoios consciente de que é necesario contribuír as actividades das organizacións de produtores, achegando a axuda financeira necesaria para que poidan desempeñar un labor máis importante na xestión cotiá da pesca, e moi en particular, os criterios marcados pola política pesqueira común (PPC): posibilidades pesqueiras sustentables, redución das capturas non desexadas, mellora da trazabilidade dos produtos da pesca, entre outras.

Leer más:  El Ayuntamiento de Lugo cierra las instalaciones termales del río Miño después de encontrar Legionella en los vestuarios

- Te recomendamos -