Inicio Galicia Fabiola García acompaña o reparto de 'Xantar na casa' a un fogar...

Fabiola García acompaña o reparto de 'Xantar na casa' a un fogar de Vilamarín

0

Entréganse menús especiais con motivo das celebracións destas datas de Nadal 


A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou a importancia que ten o programa Xantar na casa, que fai posible que as persoas maiores teñan todos os días nos seus domicilios un menú saudable listo para comelo. Fíxoo esta mañá durante o reparto do menú a un fogar do concello ourensán de Vilamarín beneficiario deste programa, que desenvolve o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Fabiola García quixo asistir a unha das entregas destas datas tan sinaladas como son as de nadal e nas que os usuarios reciben menús especiais con motivo das celebracións de Noiteboa, Nadal, Fin de Ano, Aninovo e Reis. Como todos os anos, estes menús están acompañados dun agasallo de nadal. Máis de 1300 persoas son usuarias do Xantar na casa, un programa ao que na actualidade están adheridos 167 concellos das catro provincias galegas.

A conselleira puxo en valor o feito de que Xantar na casa chegue hoxe a calquera punto de Galicia, constituíndo unha auténtica rede de carácter social. Neste sentido, indicou que facilita e garante unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades de cada usuario, na súa maioría persoas maiores e dependentes, ao tempo que posibilita que estas permanezan no seu domicilio e na súa contorna, tal e como é o seu desexo. Así mesmo, apuntou que esta iniciativa tamén permite detectar situacións de necesidade ou emerxencia que doutro xeito serían difíciles de coñecer.

Leer más:  La Xunta entregó al embajador de España en la Unesco el primer informe para que la Ribeira Sacra sea declarada Patrimonio Mundial

- Te recomendamos -