Inicio Galicia O DOG publica hoxe a aprobación definitiva do proxecto para a mellora...

O DOG publica hoxe a aprobación definitiva do proxecto para a mellora e integración paisaxística do Camiño Francés no Monte do Gozo, no concello de Santiago

0

A intervención conta cun orzamento de 845.000 euros, prevendo a Consellería de Infraestruturas iniciar nas vindeiras semanas a contratación das obras

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción de mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago á cidade, no ámbito do Camiño Francés, no Monte do Gozo.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio publicado hoxe: https://goo.gl/zbvT4VO orzamento estimado desta nova intervención impulsada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ascende a preto de 840.000 euros, aos que se engaden preto de 29.000 euros para o pagamento das expropiacións das 7 predios necesarios para esta actuación. Nas vindeiras semanas está previsto iniciar a contratación das obras e o levantamento de actas previas realizarase no primeiro trimestre de 2019.

Esta primeira actuación no Camiño Francés se enmarca dentro da estratexia da Xunta para optimizar as entradas na capital de Galicia das diferentes rutas xacobeas, e que busca conseguir que no vindeiro ano santo do 2021 o Camiño sexa claramente visible e identificable nas zonas urbanas da capital de Galicia, favorecendo o tránsito dos peregrinos sobre o tráfico rodado, así como a posta en valor e desfrute dos espazos polos que transcorre.

Leer más:  El Ayuntamiento de Lugo cierra las instalaciones termales del río Miño después de encontrar Legionella en los vestuarios

Esta intervención no Camiño francés, ao seu paso polo Monte do Gozo, céntrase na reordenación da contorna ata o paso da estrada N-634 sobre a autoestrada AP-9, mellorando a visual do peregrino ao longo da traza do camiño e reducindo o tránsito de vehículos no tramo coñecido coma rúa do Gozo. Tamén cabe subliñar a grande importancia que a dita actuación terá para os veciños do lugar.

As principais actuacións previstas no alto do Monte de Gozo comezan coa intervención no treito inicial, que coincide coa zona da capela de San Marcos, onde se creará unha nova praza na fronte da capela, que terá árbores de especies autóctonas e a que se dotará de iluminación para destacar puntos singulares como a entrada do adro.

A senda de baixada para o peregrino partirá do adro da capela de San Marcos, atravesará a carballeira existente e continuará o seu trazado en paralelo á calzada actual e separada desta por unha zona verde. A medida que o camiño descende garantirase unha anchura mínima da pista natural de 3 metros. Xa no núcleo de San Marcos, a partir do cruzamento coa rúa do Gozo, executarase unha plataforma continua de formigón que permitirá a convivencia de veciños, peregrinos e vehículos e coidando especialmente a zona fronte ás vivendas.

Leer más:  Un incendio en una granja de Lalín deja herido de consideración al propietario y provoca la muerte de aproximadamente 50 becerros

O tramo final deste ámbito resolverase mediante unha pasarela de percorrido accesible que conectará este punto da rúa do Gozo coa N-634 e o seu paso sobre a AP-9, eliminando as actuais escaleiras. Cabe salientar ademais que no tramo da actuación unicamente se permitirá o tráfico de subida cara ao Monte do Gozo.


- Te recomendamos -