Inicio Galicia Unha campaña da Xunta está a fomentar a prevención de riscos laborais...

Unha campaña da Xunta está a fomentar a prevención de riscos laborais en 52 centros de formación profesional de Galicia

0

O obxectivo do programa é concienciar sobre a importancia da seguridade e saúde laboral porque se un alumno aprende a traballar seguro incorporará este coñecemento no seu futuro profesional

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e co Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST), está a desenvolver un programa de sensibilización en prevención de riscos laborais coa realización de 121 visitas aos centros de formación profesional de Galicia.

Ata o de agora, a través desta campaña, visitáronse 16 centros da provincia de Pontevedra, 14 de Lugo e 10 de Ourense e, na actualidade, estase a desenvolver o programa na provincia da Coruña, onde ata o próximo mes de xaneiro visitaranse 12 centros, onde se impartirán 38 sesións. En Pontevedra leváronse a cabo 36 sesións; en Lugo, 28; e en Ourense, 19.

O obxectivo principal desta iniciativa é a formación e sensibilización do alumnado galego en materia de prevención de riscos laborais, fomentando e concienciando sobre a importancia da seguridade e saúde laboral para conseguir unha autentica cultura preventiva e potenciando a formación como instrumento de mellora.

Leer más:  El Ayuntamiento de Santiago ha formado la comisión negociadora de su primer plan de igualdad, la cual está presidida por la alcaldesa

As visitas se realizan por persoal técnico de nivel superior en prevención de riscos laborais, con cualificación e experiencia acreditadas, que durante dúas horas centra a súa presentación nunha explicación didáctica sobre a importancia da prevención de riscos laborais no desenvolvemento profesional destes futuros profesionais, así como na sensibilización sobre os riscos específicos e medidas preventivas da súa correspondente familia profesional.

Entre as funcións propias do ISSGA está a de colaborar coa autoridade educativa para implantar en todos os ciclos e niveis formativos programas educativos sobre a prevención de riscos laborais. Cómpre, polo tanto, desenvolver actuacións que introduzan ao profesorado e ao alumnado de formación profesional na aprendizaxe do traballo seguro. Se un alumno aprende a traballar seguro incorporará este coñecemento no seu futuro profesional, evitando a adquisición de malos hábitos profesionais.

Ademais deste iniciativa, desde o ISSGA realízanse visitas aos centros de formación profesional de Galicia para fomentar e concienciar sobre a importancia da seguridade e a saúde no traballo, se elabora e actualiza, en colaboración co INSST, material didáctico sobre seguridade e saúde laboral relacionado coas ocupacións e as profesións das distintas ramas de formación profesional destinado ao profesorado e ao alumnado desta etapa educativa, e mesmo se promoven visitas do alumnado e profesorado de formación profesional aos centros territoriais do ISSGA, co fin de coñecer o seu funcionamento nas distintas disciplinas preventivas.

Leer más:  La Xunta ofrece en este curso más de 132.000 plazas en su programa de formación de docentes, un aumento del 7,5%

Estas accións formativas para o alumnado de formación profesional se unen a outras actuacións que leva adiante o ISSGA en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o resto de escolares galegos como é, por exemplo, o programa da Escola Galega de Prevención.


- Te recomendamos -