Inicio Galicia Galicia é a sexta comunidade con menor número de tarxetas sanitarias por...

Galicia é a sexta comunidade con menor número de tarxetas sanitarias por médico de familia

0

O número de facultativos en atención primaria pasou dos 2.402 que había en 2008 ata os 2.566 que existen na actualidade

Galicia é a sexta comunidade autónoma con menos numero de tarxetas sanitarias (TIS) por médico de familia, segundo datos do Barómetro sanitario de Ministerio de Sanidad, Consumo Bienestar Social. Así, fronte ás 1.357 TIS de media en España, os facultativos galegos teñen asignadas unha media de 1.275, preto de 100 tarxetas menos que a media nacional.

No referido ao número de médicos de atención primaria, vense experimentando un aumento constante. Mentres que no ano 2008 había en Galicia 2.402 facultativos, a día de hoxe a cifra é de 2.566, o que implica un crecemento de case un 7% máis. O 96% dos médicos de familia teñen contratos estables, mentras que no referente aos pediatras chégase prácticamente ao 100%En canto ao grao de satisfacción que amosan os usuarios da atención primaria en Galicia, os datos do Barómero sanitario reflicten que un 88,50% considera que a atención recibida é boa ou moi boa, máis dun punto por riba da media nacional.

Leer más:  La Diputación y el Ayuntamiento de Vigo han acordado la firma de tres convenios con el objetivo de garantizar la continuidad de inversiones como la humanización de San Roque

Grupos de traballo consensuados cos profesionaisEsta mesma semana, o equipo directivo do Sergas, encabezado polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo unha reunión con representantes dos profesionais de todas as áreas sanitarias, do Consello Galego de Médicos, dos colexios profesionais de enfermería, farmacia e fisioterapeutas, e das asociacións de médicos de familia e das sociedades científicas, para continuar avanzando de xeito consensuado no desenvolvemento dun novo modelo de atención primaria adaptado ás necesidades do século XXI.

Co obxectivo de trazar as liñas mestras, contando coa participación activa de profesionais e pacientes, propuxo a creación de seis grupos que abordarán especificamente, a reorganización e a creación de equipos para identificar os novos roles dos profesionais que traballan na atención primaria; as medidas encamiñadas á atención da demanda con calidade e seguridade; a priorización do plan de investimentos previstos para 2019 na atención primaria; as relacións entre a atención hospitalaria e a primaria; a formación e a investigación e a relacións cos pacientes a través das novas plataformas tecnolóxicas aplicadas á saúde.

Leer más:  Rueda asegura que Sánchez se comprometió a poner en marcha de inmediato la comisión para el traspaso de medios de gestión del litoral

O plan de traballo acordado esta semana programouse para poder contar coas primeiras conclusións dos expertos no vindeiro mes de febreiro.


- Te recomendamos -