Inicio Galicia Rosa Quintana asiste á toma de posesión do novo presidente da Federación...

Rosa Quintana asiste á toma de posesión do novo presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores

0


Ames (A Coruña), 22 de decembro de 2018.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana asistiu hoxe á toma de posesión do novo presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, o tamén patrón maior de Ribeira José Antonio Pérez Sieira, ao que felicitou polo seu novo cargo ao tempo que o instou a traballar para manter un tecido confrade “vivo, participativo e dinámico”. Pérez Sieira releva a Tomás Fajardo, ex- patrón maior de Porto do Son, do que Rosa Quintana tamén enxalzou a súa entrega e “os centos de horas” dedicados á Federación.

A toma de posesión do novo líder das confrarías galegas pon fin a un proceso electoral que comezou a finais de setembro e que supuxo a renovación dos órganos reitores das 63 entidades pesqueiras deste tipo que hai en Galicia así como das tres federacións provincias e da autonómica. Neste sentido, a titular de Mar salientou que estes comicios foron unha mostra máis da “democracia participativa e positiva” que caracteriza este sector e confiou en que esa esencia se manteña nos próximos catros anos con Pérez Sieira á fronte. 

Leer más:  El Ayuntamiento de Lugo cierra las instalaciones termales del río Miño después de encontrar Legionella en los vestuarios

- Te recomendamos -