A Consellería do Medio Rural cumpriu coas previsións de pagos anunciados e procederá agora a aboar as axudas para Zonas con Limitacións Naturais
A Consellería do Medio Rural cumpriu co anuncio feito hai unhas semanas e xa aboou máis de 140 millóns de euros a 24.933 beneficiarios entre os meses de novembro e decembro en axudas de Política Agraria Común (PAC).
En concreto, os pagos das axudas directas da PAC alcanzaron os 140.996.730 euros cunha distribución por provincias do 48´5% en Lugo, do 34´5% na Coruña, do 9´2% en Pontevedra e do 7´8% en Ourense. Deste montante, 26 millóns de euros foron anticipos das axudas gandeiras para 16.449 agricultores e gandeiros.
Así mesmo, a consellería prevé para a próxima semana o pago das axudas para o desenvolvemento rural de Zonas con Limitacións Naturais (ZLN) por valor doutros 15,8 millóns de euros. Neste caso os beneficiarios serán 12.566 persoas.
Deste xeito, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), os gandeiros e agricultores galegos puideron dispoñer dos recursos económicos o antes posible, de acordo co compromiso desta consellería.
- Te recomendamos -