Inicio Galicia A Policía Autonómica leva a cabo 65 inspeccións no concello de Santiago...

A Policía Autonómica leva a cabo 65 inspeccións no concello de Santiago de Compostela para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

0

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre esta semana un total de 65 inspeccións no concello de Santiago de Compostela.

Por parte dos Policías do Grupo de Menores da Policía Autonómica de Santiago, levouse a cabo un control de consumo de bebidas alcohólicas por menores de idade na localidade de Santiago de Compostela (A Coruña), con motivo de prever o consumo de alcohol por parte de menores de idade, así como a venda de alcohol por parte de establecementos susceptibles de incorrer en ilícitos da Lei 11/2010. Realízanse un total de 65 inspeccións, 39 identificacións e 6 denuncias por venda de alcohol a menores.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Leer más:  Drones de la Axencia Galega de Emerxencias se suman a la búsqueda del hombre de 80 años desaparecido en Santiago

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.


- Te recomendamos -