Inicio Galicia As liñas de transporte interurbano rexistraron un 10% máis de viaxes desde...

As liñas de transporte interurbano rexistraron un 10% máis de viaxes desde a implantación do plan de acceso dos autobuses ao centro da Coruña, chegando aos 5 millóns

0

O Plan permite a día de hoxe a chegada de 44 liñas e un total de 350 frecuencias diarias entrando e saíndo da urbe, con máis de 2 millóns de usuarios con destino final ou orixe nas novas paradas

O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, detallou hoxe no Parlamento as cifras que reflexan a boa acollida da posta en marcha do Plan de accesibilidade dos autobuses interurbanos ao centro da Coruña, que desde a súa implantación rexistrou un 10% máis de viaxes, sendo utilizado por máis de 5 millóns de viaxeiros da área metropolitana.

Na súa intervención na comisión 2ª do Parlamento, expuxo que o plan está a permitir potenciar o uso do transporte público, subliñando o crecementos dun 10% no número de viaxeiros. Isto, indicou, tradúcese en máis de 500.000 novos viaxeiros en menos dun ano, case 1.400 usuarios o día, e entre 700 e 900 coches menos o día na cidade da Coruña. No repasou de cifras, explicou que o Plan de accesibilidade ao centro urbano da Coruña permite a día de hoxe a chegada de 44 liñas de transporte interurbano ao centro da cidade, e un total de 350 frecuencias diarias entrando e saíndo da urbe.

Leer más:  Monbus se compromete a aumentar el número de refuerzos los viernes y los domingos para evitar la repetición de las colas

Nesa exposición do balance pormenorizado do número de usuarios, salientou a orde de crecemento sostido das 4 fases nas que se executou a implantación completa do Plan. E concretou que, desde novembro de 2017 ata novembro deste ano, dos máis de 5 millóns de viaxeiros que usaron estas liñas, máis de 2 millóns teñen o seu destino final ou a orixe do seu viaxe nas novas paradas.

O director xeral de Mobilidade apuntou que este crecemento sostido do número de viaxeiros invita a crer que os hábitos de uso están a asentarse e podería continuar afianzándose. E subliñou que o Plan de acceso non só non afectou o tráfico, se non que o fixo mellorar, ao tempo que está a favorecer as boas prácticas ambientais que significan o uso do transporte público.

Referiu que pese aos impedimentos, bloqueos e trabas do Concello da Coruña, que acabou retrasando a súa posta en marcha ata novembro de 2017, a Xunta non escatimou esforzos e traballo para buscar a colaboración cos concellos e levar á práctica un plan, engadiu, que ten demostrado ser moi beneficioso para os cidadáns.

Leer más:  El presidente del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia insta a la creación de nuevos juzgados en la región debido al incremento de casos

Deste xeito, lembrou que este plan é a mostra da vontade da Xunta de responder a unha vella demanda dos veciños da área metropolitana, que hoxe permite facilitar aos cidadáns maior comodidade nos seus desprazamentos, ao habilitarse paradas no interior da cidade, que favoreceron un menor número de transbordos e os tempos de viaxe.

Ignacio Maestro falou tamén das medidas que a Xunta está por desenvolver coa vista posta en aumentar ese uso do transporte público que desprace ao privado, con iniciativas como a parada en sentido saída en Linares Rivas, a ampliación de horarios ao aeroporto e a unificación de liñas do corredor Oeste.

E apuntou outras melloras que se están a implantar desde A Xunta como é a posta en marcha da App de Transporte Público de Galicia. Esta aplicación, dixo, inclúe entre outras funcionalidades o seguimento en tempo real das rutas dos autobuses da área metropolitana de Coruña, e concretamente os incluídos neste Plan, co obxectivo de mellorar a experiencia do usuario e facer máis sinxelo e atractivo o uso do transporte Metropolitano na Coruña.  

Leer más:  Elena Matamoro y Martín Llavaneras son los ganadores de las Residencias Artísticas de la Fundación María José Jove y Acción Cultural

- Te recomendamos -