Inicio Galicia A Delegación Territorial de Ourense entrega os alimentos recollidos durante unha campaña...

A Delegación Territorial de Ourense entrega os alimentos recollidos durante unha campaña solidaria

0

Esta iniciativa desenvolveuse durante este mes de decembro e invitou ao espírito solidario dos empregados públicos a colaborar coas familias e colectivos más necesitados da provincia

A Delegación Territorial da Xunta de Galicia desenvolveu unha campaña de recollida de alimentos en todas as sedes das Xefaturas Territoriais de Ourense co obxectivo de colaborar coas familias máis necesitadas e encher as súas despensas polo Nadal. Esta iniciativa comezou o pasado día 3 e prolongouse ata hoxe.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada de xefes territoriais de varias Consellerías, achegáronse este mediodía ata o almacén que o Banco de Alimentos ten na cidade para facerlle entrega ao presidente do Banco de Alimentos de Ourense, Cecilio Santalices, dos alimentos non perecedoiros recollidos durante a campaña. Aceite, legumes, pastas, leite, e doces típicos do Nadal son algúns dos alimentos que os empregados públicos doaron para esta campaña.

Esta iniciativa sumouse á que leva organizando desde 2016 o Servizo de Emerxencias, da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en coordinación coas agrupacións de voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia.

Díaz Mouteira agradeceu a solidariedade e xenerosidade das persoas que participaron nesta campaña e desexou que esta doazón de alimentos “contribúa neste Nadal a paliar as carencias dos menos afortunados”.


- Te recomendamos -