O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou hoxe, antes de iniciar a rolda de prensa de Consello, “o pesar e o cariño” da Xunta e de todos os galegos aos familiares e amigos dos falecidos nos naufraxios dos pesqueiros en Fisterra e Malpica de Bergantiños que tiveron lugar nas últimas horas. “Son horas moi difíciles para estas familias e para o conxunto dos galegos, estamos conmocionados, queremos que estas persoas saiban que estamos con eles”, dixo.
Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta quixo facer un recoñecemento especial aos profesionais da Sanidade dos hospitais de Cee e Santiago de Compostela que atenderon os afectados nestes sucesos, aos efectivos que traballaron nos labores de salvamento e aos profesionais do Imelga que levan a cabo as autopsias dos falecidos. Por último, Feijóo quixo enviar “unha aperta a todo o sector do mar” que sofre especialmente o sucedido.
- Te recomendamos -