A Consellería do Medio Rural vén de ofrecer o seu compromiso á Fundación Semana Verde para celebración da Feira Internacional de Galicia Abanca. Así se sinalou nun encontro mantido hoxe entre os directores de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e da Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria, Agacal, Manuel Rodriguez, e o director xeral da Fundación Semana Verde, Ricardo Durán.
Deste xeito, mantense a axuda que Medio Rural viña ofrecendo a este evento, que supón un instrumento dinamizador para a súa contorna e no que ademais se aproveita para facer promoción das nosas razas autóctonas. O encontro de hoxe pretendía así perfilar a fórmula de colaboración da consellería coa organización.
- Te recomendamos -