Inicio Galicia A Xunta e a Fegamp acordan colaborar intensivamente na definición dos plans...

A Xunta e a Fegamp acordan colaborar intensivamente na definición dos plans básicos de prevención de incendios dos concellos galegos

0

José González e Alfredo García definiron as fases de desenvolvemento do convenio de cara a 2019, que comezaría coa elaboración dos plans de prevención dos 152 concellos adheridos ao convenio


O conselleiro do Medio Rural, José González, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, mantiveron esta mañá unha xuntanza de seguimento do convenio asinado entre ambas institucións en materia de xestión da biomasa forestal preto das vivendas. Así, acordaron colaborar de xeito intensivo e de forma inmediata na definición dos plans básicos de prevención de incendios dos concellos galegos, dada a complexidade técnica de execución que supoñían estes plans para os propios municipios.

Nesta liña, e tras a recente separación das áreas de planificación e ordenación forestal do dispositivo de loita contra os incendios reforzando a aposta pola prevención dos lumes, o conselleiro e o presidente da Fegamp mantiveron o encontro coa finalidade de marcar unha folla de ruta para executar o obxecto do convenio o vindeiro ano, que se definirá en dúas fases.

Leer más:  Las cuatro provincias gallegas tienen puntos con mala calidad del aire debido a los incendios de Portugal

Así, nunha primeira fase, que se iniciará en xaneiro e rematará en marzo, os 152 concellos galegos que se adheriron no seu día ao convenio de colaboración trasladarán á Consellería do Medio Rural toda aquela información cartográfica (coa delimitación dos núcleos poboacionais para que se poidan delimitar as faixas) da que dispoñan. O obxecto é que a propia consellería poida colaborar na elaboración dos plans básicos de prevención de incendios de cada un dos concellos sumados ao acordo e a planimetría das franxas coa correspondente identificación dos titulares catastrais das parcelas.

Unha vez aprobados os plans e definidas completamente as faixas secundarias (aquelas próximas aos núcleos de poboación), iniciaríase unha segunda fase, na que se executarían os labores de limpeza e roza. Así, dáse cumprimento ás recomendacións do ditame da comisión parlamentaria forestal, que recolle que se impulsarán medidas agroforestais nas faixas secundarias que permitan a adecuada xestión das superficies, máis alá da roza anual, a través do desenvolvemento de actividade económica (plantación de árbores froiteiras, produción de horta ou viñedo e creación de pastos, entre outros usos tradicionais destes lugares).

Leer más:  El BNG solicitará la comparecencia de Rueda por no permitir que Galicia tenga control sobre su presupuesto

Cabe lembrar que este acordo prevé un investimento por parte do Goberno galego de máis de 28 millóns de euros ata o 2021, en colaboración coa administración local, que cofinanciará as actuacións previstas. Así, coa posta en marcha deste acordo actuarase en preto de 16.000 hectáreas de faixas secundarias nun período de catro anos.

Trátase dun acordo pioneiro a nivel europeo de investimento público en materia de xestión de biomasa e de prevención de incendios nas zonas perimetrais dos núcleos de poboación. Ao tempo, este convenio instrumenta a cooperación entre as administracións autonómica e local cos propietarios forestais nas tarefas de interese público, mediante o fomento da necesaria prevención de incendios por parte das persoas particulares, facilitando que cumpran coa súa obriga de xestión da biomasa nos seus montes.

Contrato de xestiónOs traballos de limpeza centraranse nos terreos abandonados e nos de particulares que se adhiran a un contrato de xestión de biomasa coa entidade xestora do devandito sistema público. Os titulares de montes que se comprometan co sistema, aboarán unha tarifa bonificada de 350 euros por hectárea para a xestión da biomasa nos seus terreos. Os propietarios beneficiaranse así das vantaxes do sistema, que inclúen a asunción polas administracións públicas dos maiores custes aos que poidan dar lugar estes traballos.

Leer más:  Un camionero fallece al ser embestido por un vehículo después de descender del camión por un pinchazo en una rueda en la A-52 en Toén (Ourense)

O acordo regula tamén a colaboración para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nos casos nos que os donos dos terreos non cumpran coas súas obrigas legais. Uns deberes que veñen determinados pola lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Esta sinala que “as obrigas establecidas serán cumpridas polos propietarios ou propietarias”, engadindo que “no caso de incumprimento da xestión da biomasa vexetal, corresponderalle ao concello a súa realización, acudindo á execución forzosa (…), sen prexuízo da instrución do correspondente expediente sancionador”.


- Te recomendamos -