A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada da xefa territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Luz Fernández Quintas, asistiu hoxe ao festival de Nadal organizado polo CEIP Inmaculada da cidade das Burgas.
O acto consistiu en actuacións teatrais e de baile, amais da interpretación de panxoliñas e a entrega de premios do concurso de postais de Nadal no que participaron a totalidade dos alumnos e alumnas deste centro educativo. Actividades semellantes repítense estes días no resto de centros educativos que a Xunta de Galicia na provincia de Ourense.
- Te recomendamos -