Inicio Galicia A Xunta participa na mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia...

A Xunta participa na mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero do concello de Mos

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, indicou que no marco da reunión levouse a cabo un balance da atención á muller no Centro de Información á Muller

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na reunión da mesa local de coordinación interinstitucional do concello de Mos, onde segundo indicou, no marco da reunión levouse a cabo un balance da atención á muller no Centro de Información á Muller e as conclusións do Obradoiro de formación para o impulso das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero.

Susana López Abella destacou a importancia destas Mesa Locais de Coordinación xa que aunan no ámbito municipal, políticas e actuacións para a erradicación da violencia de xénero. López Abella indicou que compete aos poderes públicos a loita para a prevención e a erradicación da violencia de xénero, coa obriga de articular medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren, procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso e as alternativas para o exercicio dos seus dereitos como cidadás nun estado democrático, e polo tanto,resulta fundamental coordinar todos os recursos dirixidos a sensibilizar a toda a sociedade na loita e prevención da violencia de xénero.

Abella destacou que a Secretaría Xeral da Igualdade, considera como obxectivos específicos das Mesas Locais de Coordinación contra a Violencia de Xénero a mellora da detección precoz de casos de violencia de xénero; optimizar a coordinación dos axentes implicados na loita contra a violencia de xénero; ofrecer unha atención e unha resposta áxil ás vítimas de violencia; mellorar a protección ás vítimas de alto risco; e informar e sensibilizar na materia tanto a profesionais como á poboación en xeral.


- Te recomendamos -