O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou en Madrid na constitución da Conferencia sectorial para asuntos de seguridade nacional
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou hoxe ao Goberno central a dispoñibilidade da Administración autonómica e o seu total compromiso de cooperación en materia de seguridade nacional.
Así o sinalou hoxe durante a súa participación na Conferencia sectorial para asuntos de seguridade nacional, cuxa constitución tivo lugar en Madrid. Nesta primeira sesión, procedeuse a aprobar o regulamento da mesma e a informar sobre distintas liñas estratéxicas.
A Xunta considera unha boa nova que se cree este órgano de coordinación e cooperación, previsto na Lei 36/32015 de Seguridade Nacional. Galicia participará e colaborará en todo o que se lle requira, e prevé desenvolver un papel activo nos grupos de traballo que se decidan crear para avanzar na mellora da seguridade nacional.
Ademais, o Goberno galego manifestou que porá a disposición da Seguridade Nacional o catálogo de recursos e medios humanos e materiais que son competencia autonómica.
- Te recomendamos -