Inicio Galicia A Xunta promove en Galicia o maior encontro de ?startups? españolas de...

A Xunta promove en Galicia o maior encontro de ?startups? españolas de cambio climático no marco da iniciativa ?Climate KIC?

0

Santiago acollerá mañá a primeira cita na que se xuntará a responsables de empresas innovadoras relacionadas coa loita contra este fenómeno e a economía circular e xornalistas de todo o país especializados en noticias de emprendemento co fin de intercambiar experiencias e buscar sinerxias entre ambos sectores


Galicia converterase no centro do debate sobre a aplicación da innovación tecnolóxica á loita contra o cambio climático ao acoller mañá a celebración do encontro EIT Climate KIC Startups & Media, o maior foro de intercambio entre empresas emerxentes (startups) relacionadas con este sector e xornalistas especializados no ecosistema emprendedor nacional.

Trátase da primeira edición deste evento, organizado pola aceleradora EIT Climate KIC e no que a Xunta de Galicia volve asumir un papel de liderado ao apoiar e promover a súa celebración en Santiago de Compostela. Grazas a esta iniciativa, representantes dalgunhas das startups españolas máis importantes relacionadas coa economía sostible terán ocasión de explicar e dar a coñecer as súas experiencias empresariais na materia e debater sobre a importancia que está adquirindo nos últimos anos nos medios de comunicación a información relacionada co emprendemento.

Organizado arredor de dúas mesas redondas, emprendedores e xornalistas de medios e programas especializados como El País, Ok Diario, Canal 24 horas de RTVE ou Expansión intercambiarán opinións e experiencias para poñer en valor as oportunidades empresariais que ofrece o traballo arredor do cambio climático e o labor de difusión e divulgación que están a asumir os mass media neste eido.

Outro dos puntos fortes do evento, será o pitch a cargo de Jorge Brown, vicepresidente da Advanced Leadership Foundation (ALF) e personaxe moi relevante do ecosistema do cambio climático e a innovación que centrará a súa intervención en Santiago nos investimentos e vías de financiamento para proxectos relacionados con esta materia. O xornalista e presentador do programa Emprende de RTVE Juanma Romero será outro dos ponentes que pasará pola EIT Climate KIC Startups & Media.

Como paso previo, a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, e a subdirectora xeral de Meteoroloxía, Mari Luz Macho, mantiveron esta mañá unha reunión preparatoria co director do EIT Climate KIC en España, José Luis Muñoz-Bonet, e o responsable de Xeografía Mediterránea do EIT Climate KIC a nivel europeo. Nesta reunión, tamén abordaron proxectos futuros e novas vías de colaboración entre a Xunta e este organismo co fin de afianzar o liderado de Galicia na loita contra o cambio climático, a economía hipocarbónica e outras materias relacionadas como a economía circular, que busca darlle unha segunda vida aos residuos introducíndoos na cadea produtiva convertidos en novos recursos.

Máis de 250 integrantesA EIT Climate KIC é a maior asociación pública-privada da Unión Europea constituída para abordar o cambio climático a través da innovación e para construír unha economía de cero carbono pola vía do impulso ao emprendemento.

Esta iniciativa conta co impulso e o apoio do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT), organismo independente da UE, e ten por obxecto social fomentar o intercambio de coñecemento para crear produtos e servizos que contribúan a mitigar o cambio climático ou que axuden a adaptarse ao mesmo a través de tres liñas básicas: ofrecer apoio ás start-up que traballen neste campo; reunir aos socios do EIT Climate KIC en proxectos comúns de innovación; e ofrecer formación aos estudantes.

Integrada por máis de 250 organizacións, empresas e institucións académicas-científicas e organismos públicos, EIT Climate KIC ten a súa sede central en Londres pero está presente en 11 países europeos –entre eles España-, a través da súa rede de oficinas. Neste sentido, cómpre lembrar que Galicia asumiu un papel protagonista neste sentido dentro do país coa sinatura hai un ano por parte da Xunta do documento de adhesión ao proxecto europeo EIT Climate KIC.

Cambio climático, eixe esencial do presente e futuroPara a Xunta de Galicia o cambio climático é un eixe esencial de presente e de futuro, motivo polo que leva anos traballando para converter á comunidade nun referente medioambiental e sostible dentro da Unión Europea.

Como mostra deste compromiso, cómpre lembrar a creación no ano 2016 dun departamento específico centrado nesta materia (a Dirección Xeral da Calidade Ambiental e Cambio Climático) que en 2019 contará cun orzamento de máis de 20 millóns de euros, e desde a que se está a ultimar a primeira Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050.

Neste sentido, cómpre lembrar que en 2017 Galicia participou por primeira vez no Climathon, iniciativa que este ano volveu repetirse, e tamén acadou o ano pasado o recoñecemento como coordinadora do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, cuxa oficina de apoio púxose en marcha co obxectivo de que a finais de 2020 os 313 concellos galegos estean adheridos a esta iniciativa europea.


- Te recomendamos -