Inicio Galicia A Xunta de Galicia realiza un simulacro do Plan de Emerxencia Exterior...

A Xunta de Galicia realiza un simulacro do Plan de Emerxencia Exterior da empresa Arteixo Química

0

Simulouse un accidente producido por unha fuga de epiclorhidrina con dispersión tóxica e a posterior ignición da substancia, o que da lugar a unha nube tóxica e un incendio de charco, como consecuencia da rotura parcial da mangueira de descarga dun camión cisterna

Esta mañá a Xunta de Galicia, en colaboración coa empresa Arteixo Química, máis o concello de Arteixo, realizou unha simulacro nas instalacións da industria afectada, onde se activou o Plan de Emerxencia Exterior (PEE), coa participación dos diferentes grupos operativos, a empresa e as administracións públicas implicadas no caso dunha emerxencia, o cal posibilitará mellorar a coordinación dos diferentes organismos participantesO exercicio comezou coa simulación dun derrame epiclorhidrina como consecuencia da rotura parcial da mangueira de descarga dun camión cisterna motivada por un movemento brusco do camión, producíndose unha fuga con dispersión tóxica e a posterior ignición da substancia, o que da lugar a unha nube tóxica e un incendio de charco, que afecta tanto á zona de descarga de camións do parque de almacenamento de produtos inflamables como ao resto das instalacións e ao exterior das mesmas. Durante o suceso accidental detectáronse dentro da empresa dous feridos de gravidade por queimaduras e afección de vías respiratorias e outro de carácter leve por inhalación da substancia. Non houbo danos materiais no exterior da planta industrial. Os danos materiais principais foron os derivados do incendio, e este non afecta ao exterior.

O Director Xeral de Emerxencias e Interior, unha vez recibida a información, e avaliada polo xerente da Axega e o Subdirector xeral de Planificación e Protección Civil, ordeou a activación do Plan de Emerxencia Exterior, polo que se procedeu ao aviso a todos os membros e organismos con funcións no PEE e se activa a sirena de aviso á poboaciónDende o CIAE 112 se mobilizaron aos diferentes grupos operativos contemplados no Plan (Intervención, Loxístico e Seguridade, Seguimento e Avaliación, Sanitario), e se convocaron a distintos responsables de industria, medio ambiente, sanidade e delegación do Goberno ao Centro de Control Operativo, CECOP, ubicado nas instalacións do CIAE112, para asesorar nas decisións ao Director do plan.

Trala chegada ao punto do servizo de extinción de incendios e salvamento e do 061 que evacuou ao feridos, unha vez controlada fuga con derrame e a dispersión tóxica, os bombeiros confirmaron que os niveis de epiclorhidrina na atmósfera estaban por debaixo dos limiares de toxicidade establecidos, polo que se procedeu a desactivar de xeito escalonado o PEE, repregándose os efectivos participantes as súas bases.

Participaron no simulacro arredor de 80 persoas pertencentes a distintos organismos: Garda Civil, , bombeiros de Arteixo e Carballo, Policía Local e Servizo Municipal de Protección civil de Arteixo, 061, Cruz Vermella, técnicos das Consellerías de Sanidade, Industria, Medio Ambiente, ISSGA, Técnicos de Emerxencias, AXEGA coa unidade de drons e descontaminación, e técnicos de Meteogalicia que modelizaron a nube.

Importancia da prevenciónA Xunta de Galicia quere salientar así a gran importancia que teñen este tipo de exercicios, xa que dan a coñecer á poboación da zona as medidas de autoprotección a aplicar en caso de un incidente, ademais de mellorar a necesaria coordinación efectiva entre as administracións e as empresas para garantir a seguridade na zona.

Quérese destacar tamén a importancia da aposta pola prevención, como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias. Os plans de emerxencias teñen como obxectivo determinar os posibles riscos das instalacións industriais e ter preparada a resposta axeitada para minimizar as consecuencias en caso de producirse un accidente.

As normativas europeas (directiva SEVESO) e estatais obrigan ás administracións públicas a elaborar e implantar planes de emerxencia nas instalacións que almacenan determinados produtos químicos a partir de certas cantidades.


- Te recomendamos -