O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou onte ao serán no acto de entrega dos XIX Premios Manuel Beiras ao uso do galego na empresa, que convocan conxuntamente o Concello e a Cámara de Comercio compostelás. Recibíronos Construcións Alvite e Leite Noso (Deleite) nas categorías de uso continuado do galego na empresa e de empresa de nova incorporación ao galego, respectivamente. O xurado desta edición concedeulle tamén o ao avogado Evaristo Carracedo, un dos promotores destes galardóns, a mención especial do Premios Manuel Beiras 2018.
- Te recomendamos -