Inicio Galicia O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, participa na entrega dos...

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, participa na entrega dos Premios Barbantia da Cultura 2018

0

Os galardóns recaeron na doutora en Filosofía e Letras, Blanca- Ana Roig Rechou, na pintora María José Paz Franco ‘Maralla’ e na Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, asistiu á XII edición dos Premios Barbantia da Cultura 2018 onde fixo entrega dun dos galardóns a Blanca- Ana Roig Rechou, doutora en Filosofía e Letras e autora de decenas de ensaios. No acto entregouse tamén o premio Barbantia á traxectoria cultural no Barbanza a María José Paz Franco ‘Maralla’, e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza recibiu o premio á iniciativa cultural. O acto estivo conducido polo actor Serafín Marcos e contou co acompañamento musical da pianista Michelle Pena.

Como é habitual, a gala de entrega destes premios acolleu a presentación do décimo cuarto volume Barbantia. Anuario de estudos do Barbanza que, nesta ocasión, abordará a conmemoración do Portus Apostoli e a fundación da vila de Noia entre outros artigos de interese.


- Te recomendamos -