Inicio Galicia A Xunta amplía o prazo de vixencia da tarifa Xente Nova no...

A Xunta amplía o prazo de vixencia da tarifa Xente Nova no Plan de transporte metropolitano de Galicia para o ano 2019 á que destina 2 millóns de euros

0

Desde a súa implantación beneficiáronse desta tarifa máis de 49.000 mozos, que realizaron preto de 3,7 millóns de viaxes cunha bonificación de case 3,5M€

A Xunta amplía o prazo de vixencia da tarifa Xente Nova no ámbito do Plan de transporte metropolitano de Galicia para o ano 2019, á que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina 2 millóns de euros.

Tal e como acaba de publicar esta mesma semana no Diario oficial de Galicia, a Xunta mantén a súa aposta por seguir fomentando a mobilidade e o uso do transporte público colectivo entre a xente nova, para o que estableceu unhas condicións tarifarias especialmente favorables no sistema de transporte público metropolitano.

Esta tarifa está dirixida ao colectivo de persoas usuarias do transporte público regular interurbano de uso xeral incluídas na categoría de xente nova, con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos de idade, inclusive. Desde a implantación desta tarifa son xa preto de 49.000 mozos os que se beneficiaron da mesma, e que realizaron preto de 3,7 millóns de viaxes cunha bonificación de case 3,5 millóns de euros.

Mais en detalle, as cifras de evolución da tarxeta Xente Nova indican que no ano 2016 realizáronse máis de 535.000 viaxes, cunha bonificación de case 516.000 euros. No 2017 realizáronse máis de 1´6 millóns de viaxes, cunha bonificación de case 1.6 M€. E nos 10 primeiros meses deste ano realizáronse xa 1,4 Millóns de viaxes, cunha bonificación preto de 1,4M€.

As persoas titulares da tarxeta Xente Nova teñen acceso, mediante ás súas tarxetas, a unha tarifa gratuíta nos desprazamentos que realicen en calquera dos servizos de transporte metropolitano interurbano no ámbito das áreas de transporte metropolitano de Galicia implantadas.

Sen prexuízo da posibilidade de utilización da tarxeta Xente Nova para o pagamento dun maior número de viaxes, a tarifa Xente Nova supón o reintegro do 100 % do importe das viaxes metropolitanas interurbanas, co único límite dun máximo de 60 viaxes ao mes.

Os convenios de colaboración do Plan de transporte metropolitano de Galicia que afectan a tarifa Xente Nova son os das áreas de transporte metropolitano da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo e Vigo.

A Xunta mantén a súa aposta polo uso do transporte público colectivo entre a xente nova, para o que fixou unhas tarifas especialmente favorables no sistema de transporte público metropolitano. Medida que estenderá a gratuidade das viaxes para os menores de 19 anos a todas as liñas grazas á Tarxeta Xente Nova.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a resolución que se amplía o prazo de vixencia da tarifa Xente Nova.


- Te recomendamos -