Inicio Galicia Desde a vindeira semana o Sergas ofrécelle aos pacientes galegos a posibilidade...

Desde a vindeira semana o Sergas ofrécelle aos pacientes galegos a posibilidade de acceso e descarga das súas probas diagnósticas

0

Trátase dunha das prestacións máis demandadas polos pacientes e as súas asociacións


O Servizo Galego de Saúde vai poñer en marcha, a partir do vindeiro luns, día 17, a posibilidade de que os galegos poidan acceder e descargar as súas probas diagnósticas de imaxe tales como TACs, resonancias ou radiografías. Esta prestación que agora vén de poñer en marcha o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña era unha das máis demandadas polos pacientes e as súas asociacións. Cómpre sinalar que para posibilitar este servizo foi necesario implantar en todos os centros do Sergas os sistemas informáticos que posibiliten xerar ficheiros en formato estándar. Así mesmo, realizouse o correspondente período de probas de seguridade.

Convén lembrar que poden acceder e descargarse as probas diagnósticas os usuarios con tarxeta sanitaria do Sergas que teñan creada unha conta na plataforma É-Saúde, ben como titulares ou ben con autorización de acceso delegado. A identificación require nivel alto de seguridade e, polo tanto, pode realizarse mediante DNI ou certificado da FNMT ou CHAVE 365. Nestes dous últimos casos, deben ter solicitado o acceso no seu centro de saúde. Así mesmo, mantéñense os criterios de acceso para os pacientes do resto de informes e probas diagnósticas, tras visita médica presencial ou telefónica rexistrada polo seu profesional ou, no seu defecto, pasados 30 días dende a data de xeración do informe.

Leer más:  Buscan a un hombre de 82 años residente en Santiago que desapareció desde la tarde del jueves

Debe terse en conta a complexidade tecnolóxica do proceso, polo que cada paso do mesmo se explica no apartado axuda (preguntas frecuentes) de É-Saúde, insistindo en que só pode visualizarse dende un PC, e que a descarga consume moitos datos, polo que se recomenda que se realice dende un ordenador.

Máis de 62.000 contas A plataforma É-Saúde é unha ferramenta tecnolóxica de servizos que posibilita que o paciente poida acceder dende o seu móbil, ordenador ou tablet a servizos e contidos personalizados e, deste modo, consultar e xestionar as súas citas, revisar a súa folla de tratamentos, informes de alta, probas radiolóxicas ou analíticas, entre outras prestacións.É-Saúde permite acceder, tamén, á axenda de citas en atención primaria ou especializada actualizada, posibilitando completala con citas e eventos persoais, de maneira que o paciente, dende o seu propio móbil, poidan consultar cando ten que recoller unha receita na farmacia, ir a unha consulta médica, realizar unha proba diagnóstica, ou facer as actividades de promoción da saúde que se programou.

Leer más:  La Xunta entregó al embajador de España en la Unesco el primer informe para que la Ribeira Sacra sea declarada Patrimonio Mundial

Ademais do antedito, as galegas e galegos poderán consultar servizos e participar nas comunidades entre o persoal médico e de enfermería e coas asociacións de pacientes que lle posibilitan contactar con outros doentes cos que compartir dúbidas. E todo iso, coa garantía que ofrece o feito de que toda a información está albergada no servidor do Sergas, coa seguridade xurídica e tecnolóxica que iso supón.É-Saúde púxose en marcha nun 80% con fondos Feder e o 20% restante foi achegado pola sanidade pública galega, dentro do marco e normativa das iniciativas Hospital 2050 e Innova Saúde.

A Consellería de Sanidade foi construíndo a Plataforma É-Saúde contando coa participación dos pacientes e profesionais. Dende o primeiro momento estes dous colectivos a pilotaron, validaron e revisaron propoñendo as melloras dende os puntos de vista de navegación, uso e xestión de servizos.

Coa integración de todos os servizos telemáticos e a potenciación do acceso por parte dos pacientes e persoas por eles expresamente autorizadas a probas diagnósticas, a radiografías, TACs, programas de telemedicina, de anticoagulación sanguínea e outros, o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña está a facer realidade a eliminación de barreiras xeográficas.

Leer más:  El presidente del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia insta a la creación de nuevos juzgados en la región debido al incremento de casos

Na actualidade, É-Saúde ten 62.900 contas creadas por pacientes con tarxeta sanitaria do Sergas, un 10% deles accede a diario, aos que hai que engadir os máis de 6.000 usuarios que acceden aos servizos en aberto e que non requiren identificación segura.

Dende a posta en marcha de É-Saúde se foron incorporando novos servizos, como o acceso aos informes de Tratamento Anticoagulación Oral, xa extendido a todos os centros do Sergas, a integración de trámites administrativos ou a posibilidade de darse de alta en sistemas de avisos por sms do Sergas, entre outros.


- Te recomendamos -