Ao longo da xornada de hoxe diversos expertos ofrecerán unha visión do estado da catalogación do fondo antigo en Europa e presentarán o Catálogo Colectivo integrado en Galiciana- Biblioteca Dixital de Galicia entre outras accións
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, asistiu á inauguración da xornada Redescubrindo o patrimonio bibliográfico: situación actual e perspectivas de futuro, onde destacou a importancia da existencia deste tipo de encontros para coñecer de preto o estado dos fondos.
Ao longo do día de hoxe diversos expertos, procedentes non só de España senón de países como Italia ou Portugal, ofrecerán un resumo dos traballos sobre o patrimonio bibliográfico en España así como unha visión do estado da catalogación do fondo antigo no resto de Europa e presentarán o Catálogo Colectivo integrado en Galiciana- Biblioteca Dixital de Galicia. Ademais, os asistentes terán oportunidade de coñecer as coleccións de fondo antigo custodiadas nas bibliotecas máis importantes da Península IbéricaGaliciana- Biblioteca Dixital de GaliciaA súa misións é converterse na principal plataforma de acceso en internet ao patrimonio bibliográfico de Galicia. A localización e identificación de todas as obras susceptibles de ser consideradas patrimonio bibliográfico é unha tarefa complexa e pese a que o Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia é unha ferramenta fundamental para levar a cabo esta actividade, existen materiais que aínda non aparecen descritos no mesmo.
Esta foi unha das razóns que motivou a existencia de Galiciana- BDC como proxecto colaborativo no que incluír fondos, non só das bibliotecas dependentes da Xunta de Galicia, senón doutras institucións da memoria fundamentais para a localización, difusión e preservación do patrimonio bibliográfico galego. Esta vontade de cooperación tamén se extende á sociedade en xeral que pode contribuír á selección das obras fundamentais para o patrimonio cultural de Galicia.
- Te recomendamos -