Inicio Galicia Arranca a sétima edición de ?Nadal en Rede? con 75 actividades na...

Arranca a sétima edición de ?Nadal en Rede? con 75 actividades na Rede de Dinamización Lingüística

0

Desde mañá ata o 4 de xaneiro Lucía Pérez, Emilio Rúa e Rosa Cedrón, María do Ceo, A Banda da Loba, Carmen Penim, Senén Vaamonde e a Roda, Brazolinda, Baobab Teatro, Pablo Díaz e mais Os Bolechas, entroutros, daranse cita con nenos, mozos e adultos para festexar o Nadal en galego


O programa de dinamización lingüística Nadal en Rede volve con máis actividades ca nunca para pechar 2018 e gozar das festas máis luminosas do ano con ocio en galego. 75 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) recibirán a partir de mañá, 14 de decembro, e ata o 4 de xaneiro un amplo abano de actividades -obradoiros, concertos, teatro-dirixidos a diferentes públicos: nenos, mozos e adultos que en moitos casos poderán gozar xuntos das diferentes propostas. As actividades complétanse con recursos para celebrar o Nadal en galego, como un modelo de carta ás Súas Maxestades de Oriente e un libro de discursos para que os Reis Magos se dirixan aos nenos e nenas na lingua propia de Galicia durante as cabalgatas.“Lucía Pérez, Emilio Rúa e Rosa Cedrón, María do Ceo, A Banda da Loba, Carmen Penim, Senén Vaamonde e a Roda, Brazolinda, Baobab Teatro, Pablo Díaz e mais Os Bolechas, entroutros, serán os encargados de darse cita con nenos, mozos e adultos para festexar o Nadal en galego”, así o anunciou hoxe pola mañá en rolda de prensa -acompañado dos artistas e das empresas xestoras- o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen destacou que se trata dun “programa destinado ao lecer destas festas no que queremos, coma sempre, ir da man de artistas e profesionais de recoñecido prestixio que teñen na lingua propia de Galicia a base da súa creatividade”.

Leer más:  El BNG reclama al Gobierno central que renueve y amplíe el parque móvil ferroviario de Galicia

Teatro e obradoirosO teatro para bebés e para nenos/as e os obradoiros en familia para xogar e para transmitir a lingua serán os protagonistas da sétima edición do programa de Nadal da RDL. Os Bolechas celebrarán desta volta o Nadal no Polo Norte, cunha nova proposta na que tamén colabora Gadis e que chegará a nove concellos do 22 de decembro ao 7 de xaneiro (O Porriño, Viveiro, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vimianzo, Ourense, Muros, Ponteareas e Rianxo). Baobab Teatro levará Puño Puñete, para público familiar con cativada de 1 a 7 anos a outros dez concellos (Vilagarcía de Arousa, Oleiros, Narón, Ribadumia, Bueu, Melide, A Laracha, Vedra, O Grove e Redondela).

Brazolinda levará o seus Obradoiros de xogos de mesa en galego a Ordes, Santiago, Ribeira, Cee, Salceda de Caselas, A Estrada, Marín, Pontedeume, Soutomaior, Oroso, Caldas de Reis e Arteixo; Os avós e as avoas como transmisores de lingua e cultura chegarán, da man da psicóloga Cándida Rodríguez ao Bolo, Manzaneda, Ribas de Sil, O Courel, Bóveda, Vila de Cruces, Dumbría, Pontedeva, Cerdedo-Cotobade, Corcubión e Ponteceso. E o obradoiro Mulleres que contan, poñerá en valor a palabra das mulleres escritoras para pechar o ano de María Victoria Moreno en Laxe, Muxía, Tordoia, Boimorto, Ponte Caldelas, O Pereiro de Aguiar, Avión, Ortigueira, Fisterra e A Pontenova.

Leer más:  El Gobierno central defenderá en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea la normativa estatal para la aprobación de proyectos eólicos, según la Xunta

Música para todos os públicosAs propostas musicais de Nadal en Rede abranguen este ano opcións diversas e moi atractivas: Lucía Pérez, a nosa cantante máis eurovisiva, terá Algo que contarche en Padrón, na Cañiza e en Castro Caldelas; A Banda da Loba, cos concertos Bailando as rúas no Porriño, Ourense e Fene; Pablo Díaz co seu novo traballo Coas miñas mans en Ponteceso (Fundación Eduardo Pondal); María do Ceo coas Cancións para nenos e nenas en Campo Lameiro, Maside e Frades; Emilio Rúa e Rosa Cedrón con Cantos de Nadal en Vila de Cruces, Neda, Zas, Bergondo, Cuntis, Malpica de Bergantiños e Sanxenxo; 2naFronteira en Ribadeo; a soprano Victoria Álvarez Acón e o pianista Vicente Castro Alonso levarán os Cantos de amor de Xosé Neira Vilas a Mondariz-Balneario; e Senén Vaamonde e mais Alfredo e Manuel (músicos da formación A Roda), levarán o seu concerto didáctico Düas picariñas ourensás a Viana do Bolo, Curtis, As Neves, Guntín, Cabanas, Carnota, Dodro, Pontecesures, Toén e Taboada.

Toda a información sobre o programa e calendario de actividades no Portal da Lingua Galega e na Axenda de Cultura de Galicia.

Leer más:  Monterroso se mostró contento con la acogida de migrantes: "Hablas con ellos y te das cuenta de que solo quieren que les escuches"

- Te recomendamos -