Inicio Galicia A Xunta oferta máis de 800 prazas para maiores e persoas con...

A Xunta oferta máis de 800 prazas para maiores e persoas con discapacidade a través dos centros da Fundación San Rosendo

0

Destaca a calidade na atención e nos recursos que desenvolve a devandita fundación


A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou a calidade na atención e nos servizos que desenvolve a Fundación San Rosendo nos ámbitos de maiores, infancia e inclusión social, e para os que conta co apoio económico da Administración autonómica. Fabiola García entrevistouse esta tarde en San Caetano con responsables desta fundación co obxecto de repasar as liñas de colaboración abertas coa mesma.

A Xunta oferta a través dos distintos centros de San Rosendo máis de 800 prazas dirixidas aos maiores e a persoas con distintas capacidades, ademais doutras 18 prazas para xente en situación ou risco de exclusión. Esta cifra supón un incremento de 117 prazas con respecto ás que estaban dispoñibles hai nove anos e un investimento de 10,1 millóns de euros, un 28% máis con respecto á situación de 2009.

A Fundación San Rosendo conta con 70 centros distribuídos polas catro provincias galegas: residencias de maiores, centros de día, apartamentos tutelados, centros para persoas con discapacidade e de recursos de rehabilitación, que suman no seu conxunto preto de 3500 prazas.

Leer más:  Localizan el cuerpo sin vida de un hombre de 78 años dentro de una cuba de vino en Portas (Pontevedra)

- Te recomendamos -