Inicio Galicia Cores Tourís recorda que as obras da avenida de Castelao se iniciarán...

Cores Tourís recorda que as obras da avenida de Castelao se iniciarán despois das festas para non prexudicar ao tráfico nin ao comercio local

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra insistiu en que a Consellería de Infraestruturas mantén o seu compromiso coas estradas do concello do Condado

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá o compromiso da administración autonómica coa mellora da avenida de Castelao en Ponteareas e recordou que os traballos iniciaranse despois das festas de Nadal para non prexudicar ao tráfico nin ao comercio local.

A actuación iniciarase o 14 de xaneiro. Cores Tourís insistiu no feito de que “en ningún momento a administración autonómica tivo intención algunha de retrasar estas obras. Para nós o máis importante son os cidadáns, e consideramos que non é o momento adecuado para poñer en marcha estes traballos, en plenas festas de Nadal, e máis cando xa existen varias rúas cortadas no centro da cidade por mor de obras que está a levar a cabo o concello, e o comercio local está a verse afectado nunha época de importante aumento das vendas”. Ademais, o delegado territorial tamén recordou que Ponteareas é cabeceira de comarca, e por tanto, o lugar elixido por moitos veciños dos concellos limítrofes para facer as súas compras nestas datas.

A actuación executarase con medios da conservación de estradas, que programa o seu traballo segundo a carga que ten en cada momento.

As obras consistirán na execución dun paso sobreelevado no quinto quilométrico 10+600 da PO-403. Tamén se levará a cabo un pequeno tramo de beirarrúa na marxe esquerda da estrada, nun punto que carece del, próximo á intersección coa N-120. 


- Te recomendamos -