Inicio Galicia Xunta e Concello de Cabanas colaboran nas melloras no polideportivo municipal de...

Xunta e Concello de Cabanas colaboran nas melloras no polideportivo municipal de San Martín do Porto

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaron hoxe o concello coruñés


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaron hoxe o concello coruñés de Cabanas, onde o Goberno galego destinou preto de 24.000 euros a melloras no polideportivo municipal de San Martín do Porto.

Segundo indicou a directora xeral de Administración Local, as melloras leváronse a cabo ao abeiro da axudas concedidas pola Orde de Infraestruturas de uso público solicitadas polo concello debido ás deficiencias que presentaba o polideportivo, principalmente por problemas derivados da humidade.

A Orde de Infraestruturas de uso público é unha orde de axudas da Xunta que apoia aos concellos galegos para financiar infraestruturas de uso público, como instalacións deportivas, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos municipais. Tamén se poden subvencionar actuacións de mellora do alumeado público e pavimentación de vías municipais. Para o ano que vén conta cun incremento nos orzamentos da Vicepresidencia dun 30 por cento.

A Xunta continúa a desenvolver medidas para potenciar e apoiar a prestación de servizos por parte dos nosos concellos, como Administración máis próxima aos administrados, co obxectivo de que a cidadanía galega teña unhas óptimas condicións de vida, con independencia do seu lugar de residencia. 


- Te recomendamos -