A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presidiu esta mañá a toma de posesión de Guillermo Evia como novo director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), un cargo desde o que o animou a continuar co importante traballo que lidera este organismo en materia de protección e posta en valor da paisaxe galega e o territorio.
Pola súa parte, Guillermo Evia agradeceu a confianza depositada pola conselleira e asegurou que porá toda a súa profesionalidade e experiencia en materia urbanística ao servizo do seu cargo. Cómpre lembrar que o novo director do IET é arquitecto superior na especialidade de edificación e conta cun amplo currículo en xestión administrativa municipal, no que destaca a súa etapa coma concelleiro de Urbanismo no Concello de Ferrol.
- Te recomendamos -