Inicio Galicia Ethel Vázquez destaca o investimento de preto de 75 millóns de euros...

Ethel Vázquez destaca o investimento de preto de 75 millóns de euros que a Xunta destinará no 2019 a reforzar a seguridade e a conservación da rede viaria galega

0

Vázquez Mourelle lembra que vén de trasladarlle ao Goberno central unha proposta para que, do mesmo xeito que está a facer a Xunta, actúen nas estradas estatais, por exemplo coa eliminación de tramos de concentración de accidentes


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, interveu hoxe no Parlamento de Galicia, onde destacou a colaboración entre Administracións e a implicación do conxunto da sociedade como claves para reducir a sinistralidade viaria na comunidade.

Vázquez Mourelle lembrou a importancia de que o Goberno do estado tamén actúe nas estradas da súa titularidade para reforzar a seguridade na rede viaria galega. Precisou que a Xunta vén de trasladarlle unha proposta para que, do mesmo xeito que está a facer o Goberno galego, traballen na eliminación dos treitos de concentración de accidentes nas estradas estatais, identifiquen tramos que necesiten melloras ou incrementen a seguridade dos peregrinos con reforzos na sinalización.

Fixo fincapé en que é fundamental a colaboración entre as administracións para seguir poñendo o foco no que se fai máis necesario, pero ningún plan pode substituír o elemento máis necesario na seguridade viaria, que é a prudencia.

Leer más:  Hallan con vida cerca de su casa al octogenario de Santiago que llevaba desaparecido desde el jueves

Subliñou que a seguridade viaria require da concienciación de todos como usuarios das estradas, permanecendo vixilantes para evitar cometer imprudencias que xeren situacións de risco con consecuencias dramáticas.

Vázquez Mourelle indicou que a Xunta vén traballando dende hai anos a prol da seguridade viaria a un ritmo moito maior que o resto das autonomías, sumando actuacións onde se estiman máis necesarios. Neste sentido, as contas de 2019 recollen partidas destinadas á seguridade viaria e á conservación de estradas que suman un global de 75 millóns de euros.

O Goberno galego está a executar as medidas correspondentes en base ao Plan de seguridade viaria 2016- 2020. Así, no que se refire á mellora e conservación das estradas autonómicas, séguese a desenvolver o Plan de reforzos de firme, co que xa se actuou en 190 vías; o Plan de Sendas, con máis de 100 km executados ou en execución; ou a eliminación dos treitos de concentración de accidentes.

O Executivo autonómico tamén vén apostando pola formación, concienciación e educación, algo fundamental á vista das causas que están a provocar a maioría dos accidentes de tráfico.

Leer más:  El Gobierno central defenderá en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea la normativa estatal para la aprobación de proyectos eólicos, según la Xunta

No eido da divulgación, o Goberno galego impulsa campañas nos medios de comunicación fronte ás distraccións ao volante ou centradas no colectivo de ciclistas.

Ademais, segue a distribución de elementos reflectantes entre peóns e ciclistas, con folletos explicativos lembrando as normas básicas de circulación. A Xunta repartirá 33.000 pezas: 30.000 chalecos e 3.000 cortaventos.

A Consellería de Infraestruturas ten en marcha a campaña ‘O corazón está do teu lado’, que este curso e o que vén chegará a 40 colexios para sensibilizar aos rapaces ofrecéndolle consellos e normas básicas de seguridade viaria.


- Te recomendamos -