Inicio Galicia O director de Agacal participa na presentación do novo viño tostado Terra...

O director de Agacal participa na presentación do novo viño tostado Terra do Castelo, baixo a denominación do Ribeiro

0


O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, participou hoxe na presentación do viño tostado Terra do Castelo da adega cooperativa San Roque, en Beade. Esta adega produce viño baixo a Denominación de Orixe do Ribeiro e, desta vez, presenta un novo viño tostado elaborado con uva treixadura mediante un proceso de pasificación da mesma. O sabor resultante é naturalmente doce.

A presentación deste caldo de produción limitada celebrouse nas propias instalacións da adega San Roque e participaron tanto o presidente da mesma, Ramón Álvarez Bueno, como seu homólogo do consello regulador do Ribeiro, Juan Casares.  


- Te recomendamos -