Normal
0
21
false
false
false
GL
X-NONE
X-NONE
/* Style Definitions */
table.
MsoNormalTable {mso-style-name:”Tabla normal”; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:””; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:”Times New Roman”,”serif”; mso-ansi-language:GL; mso-fareast-language:GL;}
Santiago de Compostela 30 de novembro de 2018.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato, participou esta mañá na presentación do libro do profesor Severino Fernández Abel, “Unha matanza esquecida. Gastrar e Vigo (Boqueixón): Historia dun escarnio durante a Primeira Guerra Carlista”. Na súa intervención destacou “a figura de Severino Fernández Abel como un historiador apaixonado cunha vocación innata por aprender e cun gran apego pola historia e a xeografía”. Ovidio Rodeiro apuntou que “a historia do autor do libro é a historia de superación dun neno con inquedanzas, dunha familia sen moitos recursos económicos pero cunha idea clara: quen queira estudar que o faga”. “Grazas a ese empeño -continuou- desenvolveu unha ampla traxectoria profesional deixando para próximas xeracións unidades didácticas, proxectos curriculares e sobre todo libros de historia, de gran valor especialmente para os veciños de Boqueixón”.
- Te recomendamos -