Inicio Galicia Policía Autonómica e Axentes Forestais esclarecen varios incendios no concello coruñés de...

Policía Autonómica e Axentes Forestais esclarecen varios incendios no concello coruñés de Dodro

0

No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 43 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración co persoal do distrito forestal IV-Barbanza, esclareceron varios lumes rexistrados no concello coruñés de Dodro, polos que se procedeu á investigación dunha persoa como presunta autora dos mesmos.

Os axentes detiveron un varón como o presunto autor de doce lumes e seis conatos ocorridos entre o 2017 e 2018. Durante as investigacións ao longo do ano, chegouse á conclusión de que había intencionalidade nestes incendios e, despois de varias liñas de investigación e da colaboración cidadá, logrouse a identificación do detido.

Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao xulgado de primeira instancia e instrución en funcións de garda de Padrón (A Coruña). No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 43 persoas como presuntas autoras de incendios forestais. 


- Te recomendamos -