Inicio Galicia Galicia recibe o galardón ao posto máis espectacular na pasada edición da...

Galicia recibe o galardón ao posto máis espectacular na pasada edición da Feira Iberflora de Valencia

0

O espazo contou cunha superficie de 448 m² e nel participaron un total de nove empresas coexpositoras do sector da planta ornamental


A Consellería do Medio Rural foi galardoada co premio Iberflora ao espazo máis espectacular na última edición desta feira, celebrada o pasado mes de outubro en Valencia. Este recoñecemento foi froito dos votos de expositores e visitantes que se achegaron a este certame internacional, premiando así ao posto que máis sorprendeu ao público polo seu deseño, grandeza e impacto visual.

Galicia estivo presente na feira cun espazo institucional de 448 m², no que participaron un total de nove empresas coexpositoras do sector galego da planta ornamental. En concreto, estiveron presentes tres compañías ubicadas en Tomiño (Coplant Galicia, Viveiros Juan Peixoto e Veraleza); Viveiros Leboreo, de Carballo; Fomento Vegetal, de Ribadeo; Viveiros Denoy, de Arzúa; Ullaplant, comercial ubicada na Estrada; Vivergal, S.

L., de San Sadurniño e Viveiros Lamigueiro, S.

L., localizada en Carral.

O certame de Iberflora é o gran evento profesional do sector verde en Europa e un referente entre as feiras de xardinería. Trátase da maior oferta comercial e formativa dentro deste sector. Na súa edición de 2018, achegáronse un 6% máis de expositores directos con respecto á edición anterior, o que se traduce en case 500 firmas.

Ademais de España, tamén participaron expositores procedentes de Alemaña, Arxentina, Austria, Ecuador, EEUU, Dinamarca, Finlandia, Francia, Israel, Italia, Xapón, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, Sri Lanka, Suíza e Turquía.


- Te recomendamos -