Inicio Galicia Negreira e Barbadás danse cita co 'Asubíos' do 'Falaredes' este domingo

Negreira e Barbadás danse cita co 'Asubíos' do 'Falaredes' este domingo

0

A peza teatral, especialmente pensada para público familiar con cativada desde os tres anos, fai fincapé na necesidade de implicármonos no coidado do medio natural


As comarcas da Barcala e de Ourense acollen o vindeiro domingo as actividades ‘FalaRedes’, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL). A prestixiosa compañía de teatro do Elefante Elegante levará a peza teatral ‘Asubíos’ ás localidades de Negreira (no Centro Sociocultural, ás 13:00 horas) e Barbadás (na Casa da Cultura, ás 19:00 horas). A entrada, como é habitual neste programa da Xunta de Galicia, é libre e de balde, ata completar a capacidade dos espazos programados.‘Asubíos’ é a quinta actividade do ‘FalaRedes 2018’, unha peza teatral inspirada no universo literario do escritor Mia Couto e no conto “O frautista de Hamelín” recollido polos irmáns Grimm. Se no orixinal do mozambicano o asunto de fondo era a racismo, na reinterpretación que fai a compañía do Elefante Elegante o eixo temático muda e oriéntase ao medio natural e á necesidade de vivir en harmonía con el. A obra está especialmente indicada para familias con cativada desde os tres anos de idadeDurante a semana da ponte en seis concellos da RDLDespois das dúas funcións deste domingo, o ‘FalaRedes’ enceta unha semana vertixinosa que levará a obra ‘Asubíos’ a outros seis concellos da RDL durante a semana da ponte de decemebro. Así, o xoves 6 poderase gozar en Monterroso (no Centro Sociocultural, ás 12:00 horas) e en Silleda (no Auditorio Manuel Dopazo, ás 18:00 horas). O venres 7, en San Cristovo de Cea (no Multiúsos, ás 19:00 horas) e o sábado 8 en Vilamarín (no Auditorio, ás 19:30 horas). O domingo, a compañía teatral coruñesa despídese desta edición do ‘FalaRedes’ en Salvaterra do Miño (na Casa da Cultura, ás 12:00 horas) e en Castrelo de Miño (no salón de actos do Concello, ás 18:00 horas).

Leer más:  Localizan el cuerpo sin vida de un hombre de 78 años dentro de una cuba de vino en Portas (Pontevedra)

Desde o mes de abril e ata finais de ano, as actividades do ‘FalaRedes’ están a percorrer os concellos da RDL, unha iniciativa impulsada polo Goberno galego para incidir na promoción do uso da lingua galega desde as administracións local e autonómica que conta con máis de 190 entidades adscritas. Nas seis edicións anteriores do programa foron preto de 900 as actividades programadas para públicos de todas as idades.

Toda a información sobre esta edición dispoñible no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal/falaredes), nas redes sociais da RDL e na Axenda de Cultura de Galicia.


- Te recomendamos -