Inicio Galicia O Consorcio Casco Vello de Vigo inicia o proceso de venda das...

O Consorcio Casco Vello de Vigo inicia o proceso de venda das promocións de Ferrería 8 e Cruz Verde 8 no barrio histórico

0

O presidente do CCVV, Ignacio López-Chaves, recorda que o ente rehabilitador vén de pechar a súa maior operación de compra neste 2018 na Ribeira do Berbés 29


O comité executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) acaba de autorizar o inicio do proceso de venda das promocións das rúas Ferrería 8 e Cruz Verde 8, na zona alta do barrio histórico. Así o informou o presidente do ente e delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, quen sinalou que ambas propostas foron xa remitidas ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para a selección de adxudicatarios.

Estas construcións responden á demanda de vivendas de maior superficie, tal e como adiantara o presidente do CCVV, que hoxe volveu a facer fincapé en que o obxectivo é “facilitar a incorporación de familias ao casco vello vigués”. Cunha inversión conxunta superior aos 370.000 euros, superan os 110 metros cadrados distribuídos en tres plantas e atópanse na fase final da súa construción, de modo que a adxudicación poderá ser efectiva no primeiro trimestre do 2019.

As propostas que se presentarán ante o IGVS, organismo responsable do proceso de adxudicación destas dúas promocións, recolle como prezos propostos de venda 200.000 euros no caso de Ferrería 8 e de 212.225,60 no de Cruz Verde 8.

Leer más:  Los habitantes de Monterroso (Lugo), un pueblo con solo 3.600 habitantes, se muestran "felices" con la llegada de 126 migrantes de Mali

Todos os interesados en participar neste proceso deberán estar inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivendas e cumprir os requisitos fixados na convocatoria para as Vivendas de Protección Autonómica para Venda en Réxime Concertado que poden consultarse na web do IGVS a través da seguinte ligazón: https://goo.gl/pLUwbrSegundo detallou López-Chaves, a edificación de Cruz Verde 8 permitiu a creación dunha vivenda unifamiliar de tres dormitorios distribuída en planta baixa e tres pisos, que conta tamén cun pequeno patio posterior cara ao que se orientan as zonas de servizo. A planta baixa é unha área de apoio para a vivenda e alberga, ademais do espazo propio para o recibidor e o oco da escaleira, un despacho e un pequeno almacén. Trátase da segunda promoción do CCVV nesta rúa.

En canto a Ferrería 8, distribúese en planta semisoto, planta primeira e planta segunda baixo cuberta. Consta de dous dormitorios, de aproximadamente 11 e 15 metros cadrados, dous aseos, un baño, un estudo e un lavadoiro. A superficie construída total é de 178,84 metros cadrados, dos cales 111,35 son útiles. O edificio ten tres fachadas, abertas ás rúas Ferrería e Baixada a Herba e supón o sétimo dos inmobles rehabilitados polo ente nesta rúa.

Leer más:  Ninguno de los municipios gallegos con zonas de gran afluencia prevé seguir a Santiago e implantar una tasa

Recuperación da fachada marítimaAo fío, López-Chaves recordou que o último comité executivo do Consorcio Casco Vello deu luz verde a maior operación de compra deste 2018 coa adquisición por un importe de 445.000 euros de Ribeira do Berbés 29. Segundo dixo, grazas a esta compra poderán construírse sete novas vivendas e dous locais comerciais.

Tal e como sinalou, a recuperación da fachada marítima do barrio histórico concentra agora o maior esforzo inversor do organismo, e esta última adquisición eleva a oito as edificacións en propiedade do Consorcio xunto a Berbés 11,13 e 15, cedidos á Universidade de Vigo para a construción da súa sede; Berbés 5, en réxime de cesión á Axencia Galega de Turismo para a súa conversión en albergue de peregrinos, e Berbés 7 e 41.

López-Chaves, quen exemplificou no traballo do Consorcio Casco Vello de Vigo, participado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun 10 polo Concello, a política de rehabilitación que promove a Xunta nos cascos históricos das vilas e cidades galegas, cifrou en máis de 40 millóns de euros o investimento na rehabilitación do barrio histórico vigués. Grazas a estes investimentos, o ente xa adquiriu case 80 inmobles -dos 232 catalogados en estado deficiente- e máis de 60 xa se rehabilitaron ou estase a traballar neles.

Leer más:  Las cuatro provincias gallegas tienen puntos con mala calidad del aire debido a los incendios de Portugal

En resumo, grazas aos edificios xa rehabilitados obtivéronse 32 locais comerciais, cos que se pretende dinamizar a vida económica desta zona de Vigo, e 105 vivendas protexidas polo que o prezo das mesmas, tanto en réxime de alugueiro como de compra, son limitados. Os inquilinos abonan entre 5 e 7 euros ao mes por m2; cando o prezo de venda parte dos 1.550 por m2 e ata un máximo de 1.773.


- Te recomendamos -