Inicio Galicia A Xunta destaca en Bande e Beade o emprendemento como clave para...

A Xunta destaca en Bande e Beade o emprendemento como clave para fixar poboación no rural

0

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, asistiu á clausura dos cursos que a Consellería de Economía, Emprego e Industria realizou nestas localidades en colaboración coa Fundación Incyde


O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, destacou esta tarde en Bande que o emprendemento é unha peza clave para desenvolver a economía das zonas rurais, contribuíndo así á fixación de poboación. Lema participou na clausura do curso de Creación e consolidación empresarial, organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e conxuntamente coa Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (Incyde),No curso, cofinanciado nun 80% polo Fondo Social Europeo (FSE), participaron 27 persoas, que contaron con titorías adecuadas ás necesidades dos proxectos para facilitar a consolidación de novas iniciativas empresariais e para facilitar o autoemprego e crecemento de empresas. Do total dos participantes, 15 proxectos xa están en marcha, e outros esperan desenvolver as súas iniciativas proximamente. Na súa intervención, o director da Axencia Galega da Industria Forestal sinalou que todas as iniciativas, centradas en ámbitos como o posicionamento dixital no mercado do moble, iniciativas de turismo e rutas rurais ou conservas naturais, están intimamente ligadas ao territorio, ao tempo que incorporan as novas tendencias na xestión de proxectos.

Leer más:  Los habitantes de Monterroso (Lugo), un pueblo con solo 3.600 habitantes, se muestran "felices" con la llegada de 126 migrantes de Mali

Pola tarde, Ignacio Lema participou en Beade na clausura do programa de Diagnóstico e Plans de Acción, realizado tamén en colaboración con Incyde. Nesta iniciativa participaron 13 persoas, das cales 6 xa teñen proxectos en marcha, desde unha serie web utilizando canles de internet, produtos de cosmética natural xa recoñecidos cos premios AGADER ou unha escola de manualidade. O director de Xera destacou que todas estas iniciativas facilitan que a xente nova escolla o rura como o seu ámbito de vida.

En total, en toda Galicia, no marco da colaboración entre a Xunta e Incyde, formáronse 260 emprendedores, un 59% mulleres e un 40% pertencentes a colectivos con máis dificultades para atopar un emprego. A través desta iniciativa, o alumnado recibe formación e asesoramento que lle permite consolidar ou lanzar ao mercado os seus proxectos de negocio.

Dentro da provincia de Ourense, ademais de nos concellos de Bande e Beade, que acolleu dous cursos, celebrouse outra iniciativa formativa na Gudiña, beneficiando así a un total de 91 persoas. Ademais, tamén acolleron accións en Lugo, en Monforte (Lugo); Ponteareas, Cerdedo-Cotobade e Baiona (Pontevedra); e Boiro e Oza-Cesuras (A Coruña). As accións formativas tiveron lugar en concellos do rural, preferentemente nos que resultaron afectados pola ola de incendios forestais de outubro do ano pasado.

Leer más:  Un camionero fallece al ser embestido por un vehículo después de descender del camión por un pinchazo en una rueda en la A-52 en Toén (Ourense)

Apoio ao emprendementoA colaboración con Incyde enmárcase dentro das medidas que a Administración autonómica está a impulsar para favorecer o emprendemento en Galicia. Ademais de facilitar formación e asesoramento especializado a través de iniciativas como a rede de espazos coworking, ofrécelles aos emprendedores, a través do Igape, servizos como a Rede Galega de Mentores, e instrumentos de apoio que inclúen as axudas reguladas mediante programas como Galicia Emprende ou Galicia Rural Emprende, os novos préstamos directos do programa de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIS), ou o financiamento a través de fondos de capital risco. 


- Te recomendamos -