Inicio Galicia A Xunta forma en aprovisionamento e almacén a 15 participantes na Estratexia...

A Xunta forma en aprovisionamento e almacén a 15 participantes na Estratexia de Inclusión Social de Galicia

0

O obxectivo desta actuación é proporcionarlles coñecemento que os capaciten e faciliten a súa inserción no mercado laboral


Un grupo de 15 persoas, que participan na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, impulsada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, fórmanse en aprovisionamento e almacén no sector da venda, no concello ourensán de Xinzo de Limia.

O curso, que se desenvolve desde o pasado día 19 e rematará o próximo 30 de novembro, cunha duración total de 40 horas entre formación teórica e práctica, está organizado polo equipo comarcal de inclusión sociolaboral de Sarreaus, xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social.

O obxectivo principal desta actuación, incluída nos itinerarios personalizados que deseñan os equipos comarcais de inclusión socio-laboral para os participantes na Estratexia de Inclusión Social de Galicia, é proporcionarlles coñecementos sobre unha ocupación demandada polo mercado laboral, capacitándoos para poder desenvolvela e facilitando a súa inserción no mercado de traballo.

Leer más:  Pontón pide al Partido Popular que deje de luchar contra el idioma gallego y opte por un amplio consenso a favor de la lengua

Os asistentes ás actividades formativas que forman parte dos itinerarios individualizados son persoas en situación ou risco de exclusión social, cuxas circunstancias se analizan inicialmente desde unha perspectiva multidisciplinar e coordinada cos servizos sociais de cada concello.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar conta na actualidade con 18 oficinas comarcais de inclusión sociolaboral distribuídas por toda Galicia, máis un equipo que opera no módulo 1 do centro penitenciario de Teixeiro, con internos que están a piques de obter a liberdade, no marco do Programa Nelson Mandela.


- Te recomendamos -