A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou nunha xornada organizada pola Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña co apoio do Goberno autonómico
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou hoxe na Coruña na xornada As TIC, saúde e seguridade, un encontro organizado pola Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña co apoio da Xunta co obxectivo de promover o uso responsable das tecnoloxías de información e da comunicación entre o estudantado.
No encontro, celebrado no Liceo La Paz, participaron expertos universitarios e profesionais tanto da informática como da saúde, así como representantes da Policía Nacional e da Garda Civil, que achegaron a súa visión sobre a ciberseguridade desde diferentes perspectivas.
A través da Escola Galega de Consumo, a Xunta traballa na mellora da formación en materia do consumo, prestando especial atención aos colectivos máis vulnerables, entre eles aos máis novos, co obxectivo de aumentar o coñecemento e a defensa dos seus dereitos neste eido. Así, desenvólvense iniciativas tanto no ámbito da formación regrada como da non regrada, a través de certames como Consumópolis ou Galicons.net, e proxectos como Lecer Consumo ou Infonadal Consumo, ademais do programa Cores.
- Te recomendamos -