A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, entregaron esta mañá o camión que ten un custo de preto de 60.000 euros
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro fixo entrega esta mañá dun camión para actuacións ambientais, protección do ambiente e espazos naturais á Mancomunidade de concellos do Tambre.Á entrega do camión que tivo lugar no punto limpo do polígono de Negreira, asistiron os alcaldes de A Baña e Negreira, José Andrés García e Juan José Tuñas, respectivamente, e tal e como indicou a directora xeral, grazas á entrega deste camión optimizarán dous dos servizos esenciais para a comunidade, como son o alumeado público e a recollida de lixo.
Para a adquisición do camión contaron cunha axuda de preto de 60.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental, pola cal esta orde subvenciona actuacións que estean destinadas á protección do medio ambiente e do espazo natural.
- Te recomendamos -