Inicio Galicia José González aborda coa Federación Nacional de Industrias Lácteas a mellora da...

José González aborda coa Federación Nacional de Industrias Lácteas a mellora da competitividade do sector leiteiro galego

0

O titular de Medio Rural reiterou a relevancia do eido leiteiro dentro do agro galego, tanto desde o punto de vista económico como social e a súa dimensión no que atinxe á creación de riqueza e emprego


O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse con responsables da Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil), que lle trasladaron a súa iniciativa de poñer en marcha unha campaña para fomentar o consumo de produtos lácteos entre o público en xeral. Trátase de animalos a consumir cando menos tres lácteos ao día, como fórmula para manter unha vida activa e unha dieta sa e equilibrada.

A campaña publicitaria, que se difundirá en medios de comunicación nos primeiros meses do vindeiro ano, busca incrementar o consumo de lácteos entre a poboación española. Por iso, procúrase mellorar a situación na tendencia de consumo cunha iniciativa que a Fenil pon a disposición do sector e da que salienta que conta co apoio unánime de toda a cadea de valor do leite.

Nesta liña, o titular de Medio Rural compartiu a idoneidade de desenvolver campañas como esta e reiterou a relevancia do eido leiteiro dentro do agro galego, tanto desde o punto de vista económico como social e a súa dimensión no que atinxe á creación de riqueza e emprego.

Leer más:  María Borrás y José Manuel Fernández Alvariño son candidatos a la presidencia del Círculo de Empresarios de Galicia

Así, José González insistiu ademais na importancia da unidade e da adecuada coordinación entre os distintos axentes da cadea de valor do leite, dende o gandeiro ata o consumidor, para garantir o equilibrio e a transparencia en todo o proceso, especialmente no que atinxe ao correcto reparto dese valor entre todos eles.

Ademais, o conselleiro sinalou tamén que o compromiso da Xunta co lácteo plásmase en iniciativas concretas, como son o impulso ao selo de calidade Galega 100%, que goza de gran prestixio entre os consumidores, así como no labor de fomento do consumo de leite e produtos lácteos entre os máis pequenos, con programas específicos de reparto entre os escolares galegos.

Como conclusión desta xuntanza, José González e os responsables da Fenil acordaron seguir traballando da man a prol do sector lácteo galego e español, xunto cos demais elos da cadea de valor, coa vista posta na súa mellora xeral e da súa competitividade en particular, impulsando medidas como a campaña de promoción impulsada por esta federación.

Leer más:  Besteiro considera "antigallega" la actitud de Rueda con Sánchez: "En ese momento era importante velar por Galicia y Rueda prefirió apoyar a Feijóo"

- Te recomendamos -