Dende a entrada en vigor, en xaneiro do presente ano, do decreto que regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas, xa se beneficiaron do mesmo un total de 36.896 pacientes. O titular da carteira sanitaria do Executivo galego, Jesús Vázquez Almuiña, facilitou este dato no acto de inauguración da LXII Reunión da Sociedade de Cirurxía de Galicia, foro no que remarcou o crecente protagonismo da cirurxía maior ambulatoria.
Esta iniciativa da Consellería de Sanidade consolida a utilización da gravidade dos procesos como criterio de xestión dos tempos de resposta, priorizando a atención aos pacientes en función do seu estado de saúde. Deses preto de 37.000 pacientes beneficiados da nova normativa, 9.430 son en intervencións cirúrxicas, 13.995 en consultas externas e 13.471 en probas diagnósticas.
- Te recomendamos -