Inicio Galicia A Xunta anuncia no DOUE as próximas licitacións dos contratos da mellora...

A Xunta anuncia no DOUE as próximas licitacións dos contratos da mellora do proceso de depuración da EDAR de Praceres, na ría de Pontevedra, e da construción do novo emisario submarino

0

O Goberno galego contratará nos vindeiros meses as actuacións necesarias para optimizar a depuración das instalacións existentes, cun orzamento duns 16,5 M€

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) os anuncios previos das próximas licitacións dos contratos de proxectos e obras da mellora do proceso de depuración da EDAR de Praceres e da construción do novo emisario submarino na ría de Pontevedra.

Por unha parte, o Goberno galego, a través dun investimento duns 16,5 millóns de euros, prevé iniciar proximamente a contratación das actuacións para a solución tecnolóxica a curto prazo que mellore a situación actual de depuración, cumprindo os límites de vertido da Directiva 91/271/CEE, sen abarcar máis espazo que o das instalacións existentes.

Desde o punto de vista técnico a intervención contempla a remodelación do tratamento secundario existente, coa fin de garantir a depuración de ata 900 l/s de auga residual. Para isto, a solución consistirá na modificación do reactor biolóxico existente para dispoñer dun tratamento de leito móbil e unha posterior clarificación das augas mediante un proceso físico-químico con lastrado por microarea.

Leer más:  El Ayuntamiento de Santiago ha formado la comisión negociadora de su primer plan de igualdad, la cual está presidida por la alcaldesa

Os traballos subdivídense en 5 categorías: as actuacións previas, a conversión dos reactores biolóxicos, a implantación dunha etapa de clarificación das augas depuradas, a reforma do edificio de soplantes e control, e a da liña de tratamento de lodos secundarios.

Por outra parte, a Xunta tamén licitará proximamente o contrato de proxecto e obra do novo emisario submarino da estación depuradora de augas residuais de Praceres, na ría de Pontevedra, cun orzamento de máis de 10,2 millóns de euros.

O emisario submarino constitúe unha das actuacións necesarias para mellorar o sistema de saneamento dos Praceres e a calidade das augas residuais vertidas á ría de Pontevedra. A súa función principal será o transporte das augas residuais tratadas na estación depuradora dos Praceres ata un punto de vertedura axeitada.

A situación do punto de vertido do emisario foi coidadosamente elixida tras numerosos estudos para atopar a posición que propicie a mellor difusión do vertido e a nula afección aos bancos marisqueiros da zona.

Este actuación consta de dúas partes, unha de carácter terrestre, a cámara de carga e a estación de bombeo a emisario; e o propio emisario submarino.

Leer más:  Del Prestige a Pelegrín o la inacabable comisión de cajas: historia de las investigaciones políticas en el Parlamento

A cámara de carga para o novo emisario executarase na zona de recheo de Praceres, nas inmediacións do bombeo actual. Esta infraestrutura, que se construirá semienterrada en estrutura de formigón armado, dispón dunha cámara previa de reunión e reparto en onde se conectará o efluente da futura EDAR.

O bombeo equiparase con catro bombas somerxibles capaces de elevar conxuntamente un caudal de 2.000 l/s e a cámara de carga conectarase á EDAR actual mediante unha condución.

O emisario submarino contará cunha lonxitude total de 3.614 metros para verter a unha profundidade de – 22 m sobre o nivel do mar.

Estes proxectos están enmarcados no saneamento da ría de Pontevedra, que é unha das principais prioridades da Xunta para os próximos anos en materia de actuacións hidráulicas.

As citadas actuacións hidráulicas da Xunta están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.


- Te recomendamos -