Inicio Galicia Galicia repite un mes máis como a comunidade autónoma que paga con...

Galicia repite un mes máis como a comunidade autónoma que paga con máis axilidade as súas facturas

0

O período medio de pago en Galicia mantense en 14 días ao peche do terceiro trimestre, fronte aos 39 días da media autonómica


Galicia repite un mes máis como a comunidade autónoma que mellor paga aos seus provedores, ao acadar no mes de setembro un período medio de pago de 14 días, fronte aos 39 días de media autonómica, segundo os datos oficiais do mes de referencia publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. Ao peche do terceiro trimestre, o período medio de pago de Galicia situouse 16 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días. Pola contra, a media autonómica quedou en 39 días, o que ratifica que Galicia aboa os seus pagamentos 24 días antes que o conxunto das comunidades. Os datos oficiais do Ministerio de Facenda inclúen desde o mes de abril unha nova metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores que se aplica a todas as autonomías. Pese a este cambio, Galicia mantense mes a mes como a comunidade que paga con máis axilidade as facturas aos provedores que traballan coa Xunta. En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 0,10%, a máis baixa de toda España. Neste momento, a débeda comercial é a terceira parte que a da media autonómica (0,33%), logo de que Galicia conseguise reducir este indicador ata rebaixalo aos 64,2 millóns de euros. Os datos do Ministerio de Facenda volven ratificar que Galicia continúa neste 2018 entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.


- Te recomendamos -