Inicio Galicia O 'Falaredes' fai parada en Santiago este domingo para presentar 'Asubíos'

O 'Falaredes' fai parada en Santiago este domingo para presentar 'Asubíos'

0

A peza teatral, da compañía do Elefante Elegante e dirixida a cativada de máis de tres anos, fai fincapé na necesidade de implicármonos no coidado medio natural


A capital de Galicia acollerá este domingo unha nova actividade do ‘Falaredes’, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O lugar elixido é o Centro Sociocultural de Conxo, onde ás 18:30 horas se poderá ver a obra ‘Asubíos’, da coñecida compañía teatral do Elefante Elegante. A entrada, como é habitual neste programa da Xunta, é libre e de balde, ata completar a capacidade do espazo programado.‘Asubíos’ é a quinta actividade do ‘FalaRedes 2018’, unha peza teatral inspirada no universo literario do escritor Mia Couto e no conto “O frautista de Hamelín” recollido polos irmáns Grimm. Se no orixinal do mozambicano o asunto de fondo era a racismo, na reinterpretación que fai a compañía do Elefante Elegante o eixo temático muda e oriéntase ao medio natural e á necesidade de vivir en harmonía con el. A obra está especialmente indicada para familias con cativada desde os tres anos de idade.

Leer más:  María Borrás y José Manuel Fernández Alvariño son candidatos a la presidencia del Círculo de Empresarios de Galicia

Próximas paradas: Negreira e BarbadásDespois da función deste domingo, o ‘FalaRedes’ regresará o vindeiro domingo 2 de decembro. Ese día as familias dos municipios de Negreira e Barbadás teñen cadansúa cita co Elefante Elegante. Na capital da Barcala, ás 13:00 horas, no Centro Sociocultural. En Barbadás, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura. Posteriormente, ata o 9 de decembro ‘Asubíos’ pasará polos concellos de Monterroso, Silleda, Cea, Vilamarín, Salvaterra de Miño e Castrelo de Miño.

Desde o mes de abril e ata finais de ano, as actividades do ‘FalaRedes’ están a percorrer os concellos da RDL, unha iniciativa impulsada polo Goberno galego para incidir na promoción do uso da lingua galega desde as administracións local e autonómica que conta con máis de 190 entidades adscritas. Nas seis edicións anteriores do programa foron preto de 900 as actividades programadas para públicos de todas as idades.

Toda a información sobre esta edición dispoñible no Portal da Lingua Galega, nas redes sociais da RDL e na Axenda de Cultura de Galicia.

Leer más:  El Partido Popular de Viveiro desafía a dos concejales independientes a formar una moción de censura en contra de la alcaldesa del PSOE

- Te recomendamos -